‘A bolboreta Arlequina’ voa ata o colexio da Bandeira

Participantes na 
obra de teatro coas 
mestras, Morlán 
e un representante  
de Aupa Deza.

Participantes na obra de teatro coas mestras, Morlán e un representante de Aupa Deza.

REDACCIÓN

Silleda

O CEIP Ramón de Valenzuela, da Bandeira, acolle onte a presentación do libro A bolboreta Arlequina por parte da súa autora, Rosalía Morlán, e de membros de Aupa (Asociación Unida de Pais Azuis) Deza, responsable da súa edición.

O alumnado dos distintos niveis do colexio tivo ocasión de conversar con Morlán –entrevista radiofónica incluída– e coñecer mellor a súa obra, incluído o conto presentado, en apariencia destinado aos máis pequenos, mais válido para todas as idades. Tamén se representou a obra de teatro xa posta en escena no festival de Nadal.

Tracking Pixel Contents