«Atacoume por falarlle en galego»
Suevia Camba é lingüista, quizais por iso ten unha postura firme respecto ao uso do galego, que por non querer modificar a levou incluso a sufrir ataques verbais de clientes no seu traballo de cara ao público por non cambiar ao español para atendelos
Nunha entrevista de traballo recente, a estradense Cristina Vede foi increpada polo director dunha empresa por escoller o galego como lingua vehicular durante o encontro. Pedíronlle, ademais, que realizase unha proba de competencias en español

Cristina Vede (esquerda) e Suevia Camba.
Suevia Camba, de 28 anos, é natural da Estrada e a súa lingua nai é o galego, a cal emprega de xeito cotiá. Como lingüista, para ela o uso e a defensa do idioma a través da fala é un compromiso firme, por iso durante a súa etapa traballando de cara ao público tivo que lidiar con numerosas persoas que esixían, precisamente polas características do seu posto de traballo, que mudase ao castelán para dirixirse a elas.
«Eu traballaba nunha estación de servizo, e un dos clientes habituais era veciño meu, do pobo de toda a vida, pero falaba castelán», comeza, e segue: «Unha vez entrou na tenda e eu dinlle os bos días, ao que contestou, “Non, serán buenos días”». Ante esa situación, e identificando a moza o que estaba acontecendo, insistiu: «Non, son bos días». Unha resposta que Camba xustifica do seguinte xeito: «É unha persoa de aquí, que me entende perfectamente, e non tiña pensado cambiar ao castelán cando non existe problema de comunicación entre ambos empregando cada un o seu código».
Vendo a reticencia de Camba a cumprir coas súas demandas de ser atendido en lingua castelá, o cliente «montou en cólera», como o describe a daquela dependenta da tenda, que se mantivo firme na súa posición: «Díxenlle que me daba igual como se puxera, que nese establecemento se respectaba a liberdade de expresión lingüística dentro das linguas cooficiais».
Nese momento, segundo expón a galegofalante, o home comezou a proferir ataques cara a ela: «Díxome que era unha irrespetuosa, que se era de certa ideoloxía... e finalmente marchou de alí sen ser atendido». Por fortuna para a protagonista desta anécdota, a súa encargada, que estaba presente durante o conflito, amosoulle apoio na súa postura en todo momento, facéndoa sentir arroupada nesa decisión. Porén, Camba sostén que esa foi só unha de moitas historias semellantes ao longo da súa experiencia como traballadora de cara ao público. Para rematar, reflexiona: «Dinme conta de que cando traballas en postos destas características os clientes agardan que te adaptes á súa lingua. En cambio, isto sucede maioritariamente, por non dicir na totalidade, con castelánfalantes, mentres que os que empregan o galego non adoitan demandar que a persoa que os atende mude ao seu idioma». Noutra liña, agora que traballa como mestra de galego observa o gran descoñecemento e desinterese das xeracións máis novas pola lingua de Rosalía de Castro, unha tendencia que lle preocupa.
Cristina Vede: «Pedíronme facer a proba en castelán»
Cristina Vede é unha estradense de 29 anos que, dende que comezou a balbucear as primeiras palabras, se comunicou en galego. É bilingüe, polo que pode adaptarse a conversas en castelán sen maior dificultade. Porén, dentro da comunidade escolle como lingua vernácula a autóctona, aínda que isto supuxo para ela algunha que outra situación incómoda no sector laboral. Unha delas compártea con FARO.
«Fai uns meses apliquei a un traballo de oficina e análise en Vigo. Cabe destacar que non era cara o público», expón, e continúa: «O proceso comezou cando me chamaron para unha entrevista física coas que serían dúas compañeiras, polo que non estaba nin o responsable nin persoal de recursos humanos. Todo estaba sendo normal. Elas falaban en castelán e eu en galego, que é o habitual nunha cidade como Vigo». «Foi entón cando sacaron o tema dos idiomas, porque se trataba dunha empresa grande, con presenza internacional, e querían saber se eu tiña o nivel para comunicarme noutras linguas», declara a estradense, que avanza: «Fixéronme a proba de competencias lingüísticas, con preguntas en inglés e francés que resolvín sen problema, e despois preguntáronme se tería problema co castelán, ao que eu contestei que son bilingüe e que podía comunicarme en español sen ningún inconvinte. Nese momento, díxome unha: “Pois dale”».
Nese intre, as dúas persoas que a entrevistaban procederon a facerlle unha proba de idioma en castelán, situación que fixo sentir á estradense «profundamente insultada». Con todo, Vede decidiu deixalo pasar, coa crenza de que se trataba dunha cuestión persoal das dúas empregadas coas que se reunira na primeira fase. O que máis tarde se constatou como un erro, ao comprobar que se trataba da postura oficial da empresa.
«Continuei no proceso selectivo e volveron a citarme, desta volta estaba o director e unha das entrevistadoras do primeiro día. Eu comecei falando en galego porque é a lingua que me comunico no día a día», narra a xove, que engade: «Entón, o director detívome e preguntoume quen era o cliente nesa situación, ao que contestei que dependía da perspectiva. El respondeu que estaba enganada, que o cliente era el e que eu debía convencelo de que eu era a persoa ideal para o posto». «Cando lle dixen que non estaba de acordo, deixouse de indirectas e pasou a dicirme que nesa empresa se falaba en castelán, que precisaban xente flexible e adaptable, e que eu demostrara que non o era», remata.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado
- C. Tangana explota tras la remontada del Celta: «Nos acordaremos de esto la próxima vez que vengamos a soltar mierda»