Entrevista | Juan de Castro Director do Galician Freaky Film Festival
«Gústanos ofrecer algo que conmova, sorprenda ou deixe estupefacto»
Juan de Castro, director do Galician Freaky Film Festival, visita A Estrada este venres. Ven a presentar no Panic unha selección de curtametraxes que foron premiadas internacionalmente, co obxectivo de soprender aos estradenses. A súa presenza reforza a colaboración entre festivais galegos, e destaca a importancia que ten achegar eventos culturais de este tipo a localidades máis pequenas.

Juan de Castro, coa camiseta do seu festival.
O Panic da Estrada volve estar de gala este venres, coa visita do director do Galician Freaky Film Festival (GFFF), Juan de Castro. O vigués trae unha selección das mellores curtas premiadas no seu festival, para asustar, sorprender e deixar a todos os espectadores que vaian aos Minicines Central pasmados. Tralo éxito que acadou a semana pasada a primeira función do festival estradense coa sección divulgativa e o maratón de terror, agora retorna con este invitado de luxo e a posterior reprodución de Heretic, que foi un éxito na gran pantalla o ano pasado.
-Para quen non coñeza o GFFF, como definiría o espírito do festival?
-Pois creo que, despois de oito anos, xa podemos dicir con orgullo que somos o festival máis fresco, diferente e particular de Galicia. O que nos caracteriza e fai únicos é a nosa selección oficial. Temos películas e curtametraxes que son moi difíciles de atopar. Traballamos con xéneros como o terror, o fantástico, a animación, o surrealismo, o underground... Sempre buscamos sorprender ao público e deixalos co cu torcido.
-Cales diría que son os obxectivos principais do seu festival?
-Por unha banda, achegar este tipo de cinema ao público galego, escollendo obras únicas que, doutro xeito, non chegarían aquí. Por outra, crear unha experiencia de cinema en comunidade. O ambiente no festival é moi entretido, gamberro e cheo de liberdade.
-Que lle levou a crear un festival dedicado a este tipo de cine?
-A idea xurdiu cando organizabamos outro festival, o Primavera do Cine, que era máis cultureta e serio, centrado no cine lusófono. Recibíamos moitas películas que descartabamos porque non encaixaban no programa, pero eran filmes frikis, esperpénticos ou de serie B. Decatámonos de que había moito valor nestas obras e decidimos darlles un espazo propio. Así naceu o GFFF, co seu enfoque no fantástico, o terror e o desxénero.
-Que nos pode contar sobre as cinco curtametraxes que vai presentar o venres na Estrada?
-A selección foi moi coidada. Pedro, o organizador do Panic, acudiu como xurado á nosa última edición e tivo claro o que quería levar á Estrada. Son cinco curtametraxes moi especiais, obras que sorprenderán ao público xa que, seguramente, nunca viron nada igual. É o que nos gusta: ofrecer algo único que conmova, sorprenda ou deixe estupefacto.
-Algo que destacar dalgunha das fitas?
-Por suposto. Traemos cinco pezas moi diferentes. Primeiro, Doo Doo, unha curta de Taiwán con moito humor; Sincopat, un exercicio de esperpento nacional que leva ao espectador ao límite; Matta and Matto, unha obra de animación surrealista e onírica; Snake, unha curta de corte oriental que gañou o gran premio na nosa última edición; e, por último, Heritage, unha dose tremenda de terror puro.
-Que espera da súa participación no Panic?
-Estou encantado de participar e de achegar unha parte do GFFF á Estrada. Espero que o público alucine e disfrute tanto como nós ao programar estas obras.
-Que cree que fai que o cine de terror sexa tan especial e conecte con tanta xente?
-Creo que ten algo único que o fai atractivo. Xa hai máis dun século, o fantástico e o terror destacaban como xéneros principais. O cine permite poñer en pantalla o que soñamos ou imaxinamos, o noso desexo de explorar o descoñecido e o medo.
-Falando agora da súa colaboración co festival Panic e con Pedro Pérez, como xurdiu esta conexión?
-A colaboración con Pedro vén de anos atrás, cando organizamos un encontro de festivais galegos. Temos unha boa relación e seguimos traballando para ofrecer festivais de calidade. Participar no Panic é un orgullo porque reflicte o bo traballo en rede que se está facendo en Galicia para promocionar o cine de xénero.
-Que opina sobre o Panic e levar este tipo de cine a localidades máis pequenas?
-Paréceme algo marabilloso. É estupendo que iniciativas así sigan medrando. Levar o cine a localidades pequenas permite que máis xente teña acceso a experiencias culturais únicas, e iso é algo que debemos fomentar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Mediaset emite un comunicado sobre el futuro de 'Reacción en cadena' en Telecinco
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- Cuatro años de cárcel para una mujer por abusar de un menor en Ourense: le pidió que mantuvieran la relación en secreto