O Campus de Regueifa recibe en Vilalba a cinco repentistas do Marco do Camballón

O espectáculo musical vai contar con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira

REDACCIÓN

Nesta fin de semana o IES Basanta Silva, de Vilalba, acolle o I Campus de Regueifa, no que participarán repentistas de 12 a 16 anos desta vila lucenses, así como de Vila de Cruces, Courel, Porto do Son, Compostela, Monforte, Vigo e Carballo. Dende o instituto Marco do Camballón van asistir Tiziana Vallenilla; Marta Iglesias; Manuel Mella; Miguel Varela e Manuela Quinteiro.

Dentro deste Campus van ter lugar asembleas, obradouros, grupos de traballo e actividades lúdicas. Todas estas actividades van ser gravadas para, por exemplo, un filme sobre regueifa e muller. O espectáculo Regueifa Tour contará ademais con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.

Tracking Pixel Contents