Xenerais en Couso o 2 de marzo e entroido tradicional o 4 no casco urbano da Estrada

Atranque dos Xenerais na Praza da Feira da Estrada. / BERNABE/JAVIER LALIN
Ademais de en diversas localidades de Deza, no municipio da Estrada, tamén regado polo río Ulla, consérvanse varios exemplos deste entroido tradicional. O Domingo de Entroido, 2 de marzo, a localidade de Couso fai a súa recreación. Santeles e Vea tamén son outras zonas estradenses onde ver as batallas dialécticas dos Xenerais, pero non o recrean todos os anos.O Luns de Entroido, 3 de marzo, na Estrada hai unha cita con comparsas chegadas de distintos puntos de Galicia, para un desfile no que se premiarán ás mellores propostas individuais, por parellas e por grupos. A intención, segundo sinala o alcalde, Gonzalo Louzao, é que sexa unha das citas máis importantes a nivel galego. Xa pola noite, a festa continuará co baile de disfraces de Guimarei.
O día 4, Martes de Entroido, A Estrada ten unha cita co seu Entroido Tradicional, que pasa por ser unha das datas con maior afluencia de xente, por riba incluso das festas patronais. Nesta xornada, a Praza da Feira recibe aos Xenerais, pero tamén ás parroquias do municipio. Na Estrada, pero xa organizado por parte da hostelería, noutros anos tense celebrado o enterro do salmón, que non da sardiña, e que adoita ter lugar na fin de semana seguinte. Xenerais da Ulla foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2013, e tamén conserva a súa tradición en Boqueixón, Santiago, Teo, Touro e Vedra.
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal
- Los buzos de Gardacostas localizan el cuerpo del pescador de Bueu que se cayó al mar desde su dorna
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Desgracia en el mar de Bueu: hoy se retoma la búsqueda del pescador que cayó de su dorna cuando regresaba a casa