Un ano adicado ao mellor gaiteiro de Galicia
Rubén Troitiño foi protagonista nun centenario especial para a música galega
REDACCIÓN
O ano 2024 foi data clave na música tradicional galega, ao celebrarse o centenario do recoñecemento de Avelino Cachafeiro como o mellor gaiteiro de Galicia. Este fito foi conmemorado mediante o proxecto «Músicas da Terra de Montes», dirixido polo músico e investigador Rubén Troitiño, quen organizou diversas actividades e estudos dedicados a preservar o legado de Cachafeiro.
Avelino Cachafeiro (1899-1972), nado en Soutelo de Montes, deixou unha pegada profunda na música galega do século XX. O seu prestixio consolidouse co galardón obtido no concurso de Santiago de Compostela en 1924. Cen anos despois, o seu veciño Rubén Troitiño permitiu afondar no coñecemento da súa figura e do cuarteto «Os Gaiteiros de Soutelo», considerado unha referencia indispensable na tradición musical galega.
Entre as iniciativas máis destacadas figuran a publicación de varios artigos, entre eles «1924-2024 | Avelino Cachafeiro, cen anos do nomeamento coma mellor gaiteiro de Galicia». Neste artigo, explora o impacto de Cachafeiro na música tradicional galega e a súa relación co intelectual e artista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen admiraba profundamente a figura do gaiteiro, chegando a realizar dous debuxos icónicos de Cachafeiro. Un deles forma parte hoxe do Museo de Pontevedra.
O 13 de abril de 2024 conmemoráronse tamén os 52 anos do falecemento de Avelino Cachafeiro cun artigo de Rubén Troitiño titulado «No recordo do Gaiteiro de Soutelo». Un dos principais momentos da homenaxe tivo lugar o xoves 27 de xuño no Museo de Pontevedra, onde se celebrou a charla «Redescubrindo aos Gaiteiros de Soutelo». Neste evento, Troitiño presentou unha exhaustiva recompilación de documentación histórica, que incluía fotografías inéditas e materiais nunca antes expostos ao público.
No ámbito dos medios de comunicación, o 30 de agosto, Troitiño publicou o artigo titulado «Avelino Cachafeiro, cen anos dun gaiteiro de lenda», no que profundiza nos detalles do concurso de gaitas de 1924, a súa organización e a repercusión que tivo na música galega.
Ademais, durante a XLV Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes, organizada polo Concello de Forcarei, realizouse unha emotiva conmemoración do centenario de Avelino Cachafeiro como mellor gaiteiro de Galicia. ión da música tradicional galega. Troitiño participou interpretando unha peza de gaita cun punteiro orixinal dos Gaiteiros de Soutelo, acompañado polo percusionista Jesús Pérez Soto. O evento foi unha homenaxe á figura de Avelino e ao se legado.
O 13 de setembro, o programa Luar da Televisión de Galicia dedicou unha parte do programa á conmemoración do centenario de Cachafeiro. Rubén Troitiño participou neste especial realizando un tributo á súa figura.
Troitiño finalizará este intenso ano o día 16, participando no Pazo de Raxoi en Santiago nunha xornada sobre a relación entre Castelao e Avelino Cachafeiro.
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»
- ¿Cuánto cobra una enfermera según la comunidad en la que trabaje? Hasta mil euros de diferencia y con Galicia a la cola
- Siete albaneses detenidos e intervenidas una narcolancha y una importante cantidad de cocaína en un operativo en Vilanova de Arousa
- Salen a la luz nuevos datos sobre el estado de salud de la hija de Anabel Pantoja: «Un pronóstico serio y grave»
- Una familia de cinco generaciones en Aldán