Abren as propostas para os premios do Seminario de Estudos de Deza
Ata o día 15 poderanse rexistrar as candidaturas
REDACCIÓN
O Seminario de Estudos de Deza (SED) abre o prazo de presentación de candidaturas aos Premios do Patrimonio Cultural que vén convocando desde 2022 e que teñen como fin recoñecer e valorar as traxectorias meritorias vinculadas á protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación na comarca.
A concelleira de Cultura, Paz Pérez, indica que na xuntanza do grupo de coordinación decidiuse manter as mesmas catro categorías que en edicións anteriores, e continuar co sistema para poder propoñer a persoas candidatas aos premios. Calquera persoa pode propoñer candidatos cubrindo un formulario anónimo na páxina web http://sed.lalin.gal/, na lapela PREMIOS SED 2024, ata o 15 de xaneiro, inclusive. “Unha vez finalizado o prazo, reunirase o grupo de coordinación do SED para deliberar entre as propostas O formulario está dividido en categorías, e ademais de indicar o nome da persoa, entidade ou colectivo que se propón como merecedora do galardón, é preciso indicar o motivo polo que se considera para ser premiada.
Como novidade deste ano, na categoría de Premio á Investigación, para investigadores da comarca, aínda cando o obxecto de investigación non sexa estritamente vinculado a este territorio.
As categorías son as seguintes: Premio á posta en valor e divulgación do patrimonio cultural de Deza; Premio á investigación do patrimonio cultural de Deza; Premio de honra do Seminario de Estudos de Deza (pode quedar deserto), e Premio Descubrindo (a colaboradores destacados do anuario, outórgase por orde do número de artigos publicados).
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- «Aos meus pais cáelles o mundo enriba»
- La Guardia Civil pide a toda la población que mire al suelo antes de subir al coche: alerta por lo que está pasando
- Galicia, en alerta este domingo por el temporal: «No arriesgar»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- «Si ya no hay voluntarios los sábados, al final, se cubrirán de forma forzosa»
- Aquellos añorados bares de Vigo
- Suspendido todo el fútbol, baloncesto y balonmano del domingo en Galicia por la alerta naranja