Relevo á fronte de Tequexetéldere
Kike Vázquez abandona a histórica agrupación de baile galego Tequexetéldere despois de 17 anos como xerente e 32 como bailador. No seu posto á fronte da entidade estradense quedará Jose Garrido. Analizamos con ambos o estado da agrupación, o seu pasado e os plans de futuro.
Kike Vázquez entrou en Tequexetéldere cando tiña 15 anos. Agora, cumpridos xa os 47, o estradense anuncia a súa marcha. Atrás quedan 32 anos como bailador e os 17 últimos como xerente. Nesta etapa, a agrupación conseguiu acadar o impulso que precisaba para consolidarse a nivel galego e nacional. Kike deixa o seu cargo en mans de Jose Garrido, un home ligado desde novo ao mundo do folclore galego e desde fai moitos anos membro do corpo de baile de Tequexetéldere.
Xuntamos a ambos no Teatro Principal da Estrada unha vez oficializado o relevo por parte do padroado da Fundación Cultural da Estrada cunha pregunta inicial para o que se converteu nos últimos anos na cara máis visible da agrupación. Por que? «Por unha cuestión de limpeza. Despois de 17 anos considero que todas as agrupacións deben ir renovando cargos. Xa é algo que se debería ter feito antes. Unha agrupación non pode referenciarse nunha única persoa. Hai outras formas de traballar e de levar a agrupación. É ademais o mellor momento, cando a agrupación está a un gran nivel no mundo do folclore e as escolas están funcionando estupendamente. Temos 120 persoas matriculadas, máis un grupo oficial con case 30. Hai tamén un gran ambiente entre os membros do grupo e o profesorado está traballando moi ben. En definitiva, é preferible ceder un caramelo e non cando haxa un problema. Chegou o momento de abrir os armarios e ventilar a casa».
Esta marcha non só afecta á súa labor como xerente, senón tamén á de bailador. «Por cuestións físicas, porque os meus xeonllos xa non aguantan, teño que deixar tamén o grupo de baile. Esa é quizais a parte que máis me doe. Farei só cousas moi puntuais e máis cando por detrás temos a xente zumbando e dando o callo. A nivel de agrupación, Jose sabe que me ten aí para o que precise. Eu non me vou a marchar sen mirar atrás. Se hai que portear cousas, levar augas, varrer o escenario... estarei aí encantado. Na parte de xerencia e de toma de decisión hai xente cualificada para asumir ese traballo»
Nesta larga etapa na agrupación estradense Kike Vázquez foi testemuña en primeira persoa da súa evolución pero tamén do gran cambio que viviu o folclore galego. «Tequexetéldere cambiou moito en todos estes anos pero tamén é certo que cambiou todo o folclore galego en xeral. Foi un cambio de 180 graos. Antigamente a forma de facer os bailes tradicionais era diferente. Antes estaban moi arraigados a unha raíz máis dura. Agora son bailes máis visuais. Fai trinta anos por exemplo era algo impensable facer colaboracións con outras agrupacións. A media de idade no grupo tamén era moito máis baixa, en Tequexetéldere e no resto de agrupacións folclóricas. Agora hai bailadores de todas as idades. Cando ías de viaxe sabías que todos estabamos dispoñibles, porque éramos todos estudantes. Hoxe en día tes que preguntar, porque hai moitos que traballan», explica o estradense. «Cando eu empecei había moi boas escolas pero non se traballaba o mesmo rango de idades que traballamos agora. Nestes anos xa estamos collendo nenos desde os tres anos, para que vaian collendo un pouco de ritmo e de movementos. Iso veu desde fai uns quince anos, atendendo a unha demanda dos pais. Sen embargo, a persoa de máis idade debe estar cerca dos oitenta anos».
Kike considera que os cambios polos que apostaron serviron para dar un pulo novo a Tequexetéldere. «Cheguei á xerencia porque mo propuxeron e fíxeno encantando. Era un momento no que a agrupación non estaba moi ben e fixemos un cambio de profesorado. A partir de aí comezamos un traballo que dou os seus fritos. Démoslle un cambio total. Era algo necesario. Nese momento soamente había un bailarín e viña outro de Ferrol de vez en cando. Teque non deixaba de ser unha agrupación máis como moitas que hai en Galicia. Agora mesmo o noso nivel é moi alto, e non é porque o diga eu senón por onde te sitúan en relación a agrupación de gran prestixio e de grandes cidades galegas, con máis opcións a nivel de captación que nun pobo como o noso».
O estradense marcha recoñecendo que é o momento indicado para este relevo en Tequexetéldere. «Vou botar máis de menos a parte de bailar que a da xerencia, que é algo que xa levaba tempo madurando e que creo que era algo necesario. Penso que era mellor realizar este cambio cando estás co curso avanzado que non a principio de curso, cando estás coas matrículas. Ese é un momento lioso. Agora ten uns meses para ver a rutina da agrupación. A nivel persoal está claro que sempre lle tes un cariño a todo esto e claro que o vou botar de menos».
Garrido: «A miña idea é seguir a mesma liña. Se algo funciona ben é mellor non cambiar»
Kike Vázquez cede agora o testemuña a Jose Garrido. A súa marcha quedou oficializada no padroado da Fundación Cultural celebrado a semana pasada, un encontro no que tamén se aceptou o seu sucesor. «Considero que é a persoa axeitada. Coñézoo desde fai moitos anos e sei como funcionaron outras asociacións nas que estivo. Aquí vai estar ben. Os pais sempre se fiaron de nós e aceptan todo o que lles expoñemos. O profesorado traballa ben e lévanse estupendamente, igual que os compoñentes do grupo», explicou Vázquez. «Eu xa non son quen de dicirlle que é o que ten que facer a partir de agora. Pode seguir a liña continuísta, e xenial. Se quere innovar e facer cousas novas, tamén é normal, sempre cun consenso cos tres directores da agrupación, que son os profesores de baile, pandeireta e corpo instrumental. Houbo moitas cousas que nestes anos saíron para diante gracias a eles e outras que, pode que por sorte, non o fixeron porque eles non quixeron. Con eles no vai ter problema». «A miña idea é seguir na mesma liña. As escolas están funcionando moi ben e temos tamén un ciclo de actuacións xa fixo. Isto non vai ser un cambio radical, como o que tivo que dar Kike fai 17 anos. Se algo está funcionando ben é mellor cambiar moitas cousas», explica Garrido pola súa parte. «De momento non me considerei proxectos novos. Aínda istou pensando máis na miña organización e en sacar tempo para atender esto como merece», engadiu o novo xerente.
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- Marián Mouriño le promete un empujón a la audiencia de Broncano: «No puedo dedicarte goles, pero te voy a dar un patrocinio»
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- La Guardia Civil no encuentra droga en el exhaustivo registro del buque atracado en Vigo