Convocado un novo Erasmus+ de mobilidade internacional do alumnado
REDACCIÓN
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar un novo Consorcio de Mobilidade, ao que se poderán adherir os centros educativos da provincia, coa finalidade de presentar conxuntamente unha solicitude de proxecto e financiamento ao Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) dentro da convocatoria de propostas 2025 do Programa Erasmus+ para impulsar a mobilidade internacional do alumnado da provincia. O prazo de solicitude de adhesión dos centros rematará o próximo 15 de xaneiro.
O novo consorcio tomará a remuda do actual, do que forman parte 39 centros educativos de 22 concellos –entre eles A Estrada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces–, e para poder formar parte deberán impartir especialidades de grao básico e medio e certificados de profesionalidade dos niveis I, II e III. Coa súa participación no Erasmus+, a Deputación impulsa que o alumnado da provincia recentemente titulado, así como docentes e persoal non docente que traballe en educación e formación profesional, realice mobilidades en países europeos para realizar prácticas profesionais en empresas e organizacións do estranxeiro.
O proxecto terá unha duración inicial de 15 meses, con posibilidade de prórroga ata os 24 meses, mentres que as estadías se levarán a cabo en diferentes períodos a concretar. As persoas beneficiarias poderán realizar a mobilidade nun dos países do programa (Unión Europea) ou de terceiros asociados.
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Despedida de una panadería de Vigo por sisar monedas de las ventas
- Malas noticias para los pensionistas: adiós a recibir la paga extra este 2025
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Un robo con extrema violencia: asaltan a punta de pistola a una pareja y la rocían con gasolina en Meis
- Bruno Vila se despide de sus compañeros de los Mozos de Arousa: «Cerrando etapas»
- Preparados para tiritar: alerta por frío en Galicia
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»