Presentación dunha edición especial de «Miscelánea»
REDACCIÓN
O Museo do Pobo Estradense que leva o nome de Manuel Reimóndez Portela presentou na noite de onte un novo volume –o número 27– da súa publicación anual, «A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural», que inclúe 11 artigos e que chega acompañado, por vez primeira, dun anexo. Trátase da peza «Príncipes Prateados», de Armando Requeixo, arredor da literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro, o salmón e A Estrada, nun 2024 no que se conmemoran 50 anos da Festa do Salmón. No acto estiveron presentes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o director do museo e da publicación, Juan Andrés Fernández Castro, e Armando Requeixo, entre outros.
«Miscelánea» recolle desta volta artigos de Fernando Cabeza Quiles, Damián Porto Rico, Javier García Gómez, Colectivo A Rula,Henrique Neira Pereira, Marga Fraga Constenla, Luis Ferro Pego e José Manuel Bértolo, Juan Andrés Fernández, Noel Feáns, Armando Requeixo, Chus Fernández Bascuas e Katina Sanmartín Carbón.
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- La Guardia Civil aborta una macropelea con más de medio centenar de menores en Cangas
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- La famosa plaza de Vigo que nadie llama por su nombre real: una historia de cambios
- Como si estuvieras en Francia: la pastelería de Cangas que te transportará en el primer mordisco
- Retenciones en la VG-20 tras impactar un coche contra otro que estaba averiado