Un té que relaxa co seu olor

Lar do Aquel é un proxecto que combina agricultura e turismo e tamén a marca dun futuro té que se produce en Cesantes pero que estará aromatizado con rosas da comarca de Deza.

Estefanía Fernández, na finca de Cesantes onde cultiva té.

Estefanía Fernández, na finca de Cesantes onde cultiva té. / Cedida

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Estefanía Fernández buscaba para unha finca súa de Cesantes, en Redondela, un cultivo que non fose invasivo e que non requerise moita atención. Agora, catro anos despois, ten 140 plantas de té, e prevé que para o ano que vén faga a súa primeira colleita. O té non é un cultivo moi extendido en Galicia, «pese a que as súa condicións climáticas son moito mellores que en varios países productores, pois aquí pode recollerse producto cada 15 días, mentres que noutros países adoita ser cada mes», explica esta silledense.

O trepador polyantha Cecile Brunner.

O trepador polyantha Cecile Brunner. / Cedida

De feito, dende a estación fitopatolóxica de Areeiro están en marcha varios proxectos para comercializar té a partir de camelia. Non en van, o té non deixa de ser un camelio, como lembra Estefanía. Xa ten pensado nun futuro vendelo baixo a marca de Lar do Aquel, un proxecto que engloba agricultura e tamén turismo. Pero este té que medra nas Rías Baixas vai estar aromatizado con herbas e, sobre todo, rosas de Deza.

Por iso, Lar do Aquel acaba de iniciar unha campaña de recuperación e réplica de rosas antigas, que son as que producen máis olor e tamén das que se se extraen os aceites esenciais. «Hai unhas 14 variedades de rosas antigas. Dende o ano 1800, os botánicos comezaron a polinizalas para facer variedades máis fortes, con tallos máis resistentes» e tamén, máis estéticas. Por iso, foron indo a menos rosas con moi poucos pétalos (como é o caso das rosas caninas) ou cos pétalos peludos.

Resistencia

Estas rosas antigas teñen ó seu favor a forza coa que resisten ese paso do tempo e de coidados. «Por exemplo, nas estacións de tren abandonadas, podemos ver rosais de 40 ou 50 anos que non morren». Estefanía foi conseguindo variedades de rosas antigas a base de cortar pólas que logo planta e, «unha vez que a tés plantada, é difícil que morra».

Parte dos 110 rosais que Lar do Aquel xa reproduciu este ano.

Parte dos 110 rosais que Lar do Aquel xa reproduciu este ano. / Cedida

Nesta iniciativa para procurar rosas antigas, desde Lar do Aquel ofrécense a reproducilas para que non se perdan e, se esa rosa non aparece no seu catálogo, esa reproducción será gratuita. As persoas que estean interesadas en colaborar poden contactar co número de teléfono 604 073 853. Neste ano, xa leva reproducido máis de 110 rosais.

¿E cómo é o proceso para aromatizar o té? Unha das ventaxas do té é que pode a súa colleita pode demorarse unhas semanas, aguanta ben na planta. O truco está case nos coidados previos: «Hai que ir podándolle a cabeza para facer o que se chama unha mesa de cultivo, para que a planta vaia crecendo cara os lados». En canto ás rosas, hai que deshidratar os seus pétalos, como se fai co romero. Neste caso Estefanía Fernández, que rexenta a tenda Mamasunción xunto a Xosé Filloy, contará co asesoramento dun dos seus proveedores, Trasdeza Natur.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents