A nación galega soñada por Isabel Rei Sanmartín
Ada Estrada é a protagonista de Galizan Nation. Ambos nomes adiantan moito do primeiro libro de Isabel Rei, unha muller ligada ao seu traballo como historiadora e guitarrista que se estrea na novela.

A guitarrista e escritora estradense coa súa novela. / FDV
A estradense Isabel Rei Sanmartín é coñecida e recoñecida pola súa labor como guitarrista e polos seus traballos de investigación en torno á historia deste instrumento en Galicia. Sen embargo, esta doutora e profesora no conservatorio público de Compostela ten unha faceta menos coñecida que agora decidiu mostrar. Así é como nace Galizan Nation a súa primeira novela, descrita co suxerinte subtítulo de «unha distopía Kpop». A súa é unha proposta de viaxe cara o futuro, en concreto 150 anos adiante, que nos permitirá coñecer o estado de Galicia.
«É unha distopía positiva. Eu xa non estou para pesimismos nin vou ser que os espalle. Pero tampouco é unha utopía, no que todo está ben. Unha novela ten que ser realista é penso que esta é bastante realista», explica ao falar deste traballo. A escritora non quere desvelar moito da trama, aínda que o título do libro xa dá algunhas pistas. «Para nós, unha nación é un pobo. En inglés sen embargo nation tería unha tradución de estado, como ocorre cos Estados Unidos. Literalmente sería Estado Galego», afirma. «Todo parte da esperanza de que pode haber un futuro mellor para Galicia e para nós do que temos hoxe. Necesitamos esa esperanza e pensar nesa idea positiva».
A estradense destaca o ben que o pasou escribindo esta novela, unha labor catártica nun momento axetreado da súa vida. «Paseino moi ben escribíndoa. Incluso rin a gargallada limpa cando o facía. Creo que en realidade fixen o que me petou e deixei un pouco de min en cada unha das personaxes. Non só en Ada Estrada, a protagonista, un nome que tamén di moito. En todos eles hai algo de min, algo da miña vida, incluso nos malos», afirma. «Escribino no medio dunha época de moitos proxectos e concertos pero foi unha maneira de desconectar de todo. Ao mellor chegaba dun concerto e só con ler o episodio anterior xa sabía por onde ía seguir. Escribín como unha nena pequena».
Isabel Rei recorda precisamente que a súa paixón pola escritura ven desde cativa. Cando facía os seus estudos no xa desaparecido colexio de Cristo Rey da Estrada, os seus traballos eran recoñecidos polos mestres e compañeiros. Ao longo da súa vida publicou varios traballos en dixital, aínda que hai pouco da súa obra escrita en papel. A única referencia foi a súa participación no volume de relatos eróticos Abadessa oí dizer (Através, 2017), co conto «Erótika».
O libro publicado pola editorial Companha Editora será presentado o próximo sábado en Santiago. Será a partir dar 12.30 horas na Librería Couceiro, contando coa participación da escritora Teresa Moure. Isabel Rei gustaría sen embargo de poder realizar no futuro unha presentación similar na súa Estrada natal.
Unha novela de rítmo frenético e cun tono de Kpop
A Galizian Nation de Isabel Rei é presentada como una «distopía Kpop», un termo que nos leva á cultura popular coreana. Trátase dunha moda que se estendeu por todo o mundo nos últimos anos a partir da música coreana e da estética que a rodea. «O Kpop é algo fascinante. Ten cousas que non valen moito a pena e outras que son marabillosas», explica a escritora ao falar desta etiqueta. «Esta novela ten o ritmo do Kpop. É unha escrita nerviosa, rápida e frenética, salvo nalgúns descansos puntuais. En xeral diría que no libro hai unha mestura de elementos galegos e coreanos. Está dividido en 50 episodios de páxina e media cada un. É un libro que se pode ler moi rápido». Tendo en conta estas características, Isabel Rei visualiza a súa novela como unha banda deseñada. «Teño na miña cabeza esa banda deseñada, con todas las imaxes que necesitaría». Precisamente, as ilustracións que acompañan este traballo foron feitos pola artista Iria Ribadomar, que para a escritora, «fixo uns diseños preciosos».
Suscríbete para seguir leyendo
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Miguel Ángel Lotina: «La de mi Celta es la plantilla más completa que he entrenado»
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Investigan la muerte de un hombre de 47 años tras precipitarse de un quinto piso en Baiona
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove