O CPI de Rodeiro opta a un galardón de Youtubeiras+
Compite polo premio do público con ‘Non máis bágoas’, contra a violencia de xénero

O alumnado de quinto e sexto do centro, nunha imaxe final do vídeo. / Cedida

Ata este xoves, día5, no sitio web https://youtubeiras.gal está aberto o prazo para votar por un dos 41 videos que optan ao Premio do Público do Youtubeiras+ 2024. Este certame está organizado polos equipos de normalización lingüística de dez municipios, das tres universidades e da Deputación da Coruña, e busca promover a creación de contido en galego nas canles de YouTube e de TikTok.

Dous dos alumnos que participan no vídeo. / Cedida
Unha das propostas é a do CPI de Rodeiro. Baixo o título de Non máis bágoas os nenos e nenas de quinto e sexto curso de Primaria queren dar apoio a todas as persoas víctimas de violencia de xénero que non se atreven a denunciar ou a saír da súa situación.
Na primera parte desta peza con guión de Xurxo Varela vemos aos estudantes, en grupos de dous ou de tres, con camisetas negras e sobre fondo negro, que tamén limpan da súa cara bágoas negras mentres unha voz en off anima a non derramar máis bágoas «por sentir medo», «por sacrificar os teus soños», «pola dor de sentirte invisible», «por unha patada» ou por «soportar o silencio cando necesitas respostas». Fronte a todas estas situacións de humillación psíquica e física, o alumnado de Rodeiro ten unha resposta: pasamos dun fondo negro a diversos espazos do seu centro educativo no que eles e elas animan a non ter máis bágoas «porque podes pedir axuda» ou «porque podes vivir sen medo». Rematan, todos xuntos, levantando o brazo como símbolo de forza e asegurando que «na loita contra a violencia de xénero, non estás soa».
O gañador levará 1.000 euros, o mesmo premio para outras catro categorías: creación de contidos, revelación, calidade lingüística e rede. Hai un galardón de 1.250 euros para unha canle de YouTube e outros tantos para outra de TikTok. Os gañadores coñeceranse o 1 de febreiro, nunha gala no Pazo de Cultura de Narón.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Declarar las capturas de recreo, obligatorio hasta si no se pesca
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- La Diputación de Pontevedra, dispuesta a financiar Balaídos para el Mundial 2030 «si hay planificación»
- Ofrenda floral ante la chabola del crimen de la estación de autobuses de Vigo
- «Si se apoyasen nuestros ensayos clínicos, los pacientes gallegos tendrían más oportunidades»
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar