Donramiro abraza a Carlos da Costa
O expedáneo da parroquia recibe, cunha homenaxe, o agarimo dos veciños
Os alcumes eran, xa non tanto, moi habituais nas aldeas, xa fora polo aspecto físico, algunha habilidade extraordinaria ou simplemente para ligar o nome de pía da persoa co da súa casa. En Donramiro Juan Carlos García Vázquez é, para a maior parte dos seus veciños, Carlos da Costa, Carlos de Lula [nome da súa nai], O barbas ou Marco Aurelio [polo seu interese pola Imperio Romano].
Carlos, un home ecoloxista, conservacionista e protector do medio natural cando eses conceptos nin se coñecían e ate animalista [así foi lembrado onte polo cento de veciños que lle organizaron unha homenaxe] foi pedáneo, presidente da asociación veciñal San Amaro e do club de fútbol da parroquia. Home de fortes conviccións galeguistas, o seu equipo de fútbol de cabeceira sempre foi e segue a ser o Real Burgos.
O noso protagoniza estivo acompañado da súa familia, entre eles seus irmáns Sofía, Lora e Isabel. Mancado na cara e nunha perna por unha recente caída, foi obligado a intervir ante os presentes e unha vez máis deixou pegada pola súa humildade. «Agradezo esta reunión dos veciños para algo que non merezo», dixo, antes de saudar a todos os presentes. Foi un día de festa no que a música, como tantas veces ten acontecido na parroquia, foi cousa de Pachi, outra das iconas de Donramiro. Carlos recibeu un diploma de recoñecemento.
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública