Cándido Paniagua, de Xinzo, gaña o Concurso ‘Dillo a quen maltrata’
A agoladesa Laura Moure e Rosa Alonso, de Trasmiras, reciben os outros dous premios

Reunión do xurado dos premios. / Cedida

Cándido Paniagua Pousa, de Xinzo de Limia, coa carta titulada Hajar, é o gañador do XXI Concurso Dillo a quen maltrata, convocado polo Concello de Lalín con motivo do Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemora o 25 de novembro. A xornalista Laura Moure Miguélez, de Agolada, con Libérate da arañeira, e Rosa Alonso Lozano, de Trasmiras, con S/T, obtiveron os outros dous premios.
O xurado emitiu o seu ditame o 11 de novembro logo de deliberar sobre as vinte cartas preseleccionadas entre as 54 presentadas, de acordo á proposta aprobada onte en xunta de goberno local. O primeiro premio está dotado con unha tablet valorada en 269 euros; o segundo, cunha tablet de 169 euros; e o terceiro, cun lector de libros de tinta electrónica, cifrado en 129 euros; amais, os tres recibirán diplomas acreditativos.
A concelleira de Igualdade, Carmen Canda, transmite «a noraboa aos tres gañadores, así como a todas as persoas participantes no certame». Convida á veciñanza a participar na entrega de premios que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 18 horas, no Salón Teatro, no marco da actividade denominada Arte-Acción contra a violencia de xénero. Organizada pola Oficina de Igualdade, pretende visibilizar a loita contra a violencia desde diferentes manifestacións artísticas. Contará coas interpretacións de Máisquedanza, Scene Ballet, Pandereteiras Ponte de Prata e Iria Varela e Diego Rodríguez.
Por outra banda, a exposición itinerante Racha cos tabús, que debía comezar onte no vestíbulo do consistorio, podería abrirse o luns nun sitio aínda por decidir. Dirixida a todos os públicos, pretende sensibilizar e servir como reflexión acerca dos tabús que están en estreita relación cos roles e estereotipos de xénero, empregados como ferramentas de opresión dos corpos e das vidas das mulleres, especialmente da súa sexualidade.
A programación do 25-N seguirá nos centros educativos co proxecto Abrimos o melón. Estas actividades de educación sexual para infancias e adolescencias están dirixidas a alumnos de Primaria e comezarán o vindeiro luns, día 18, no CEIP Xesús Golmar.
Cándido Paniagua

Cándido Paniagua / FDV
Carta de Cándido Paniagua
Carta de Cándido PaniaguaLaura Moure

Laura Moure / FDV
Carta de Laura Moure
Carta de Laura MoureRosa Alonso

Rosa Alonso / FDV
Carta de Rosa Alonso
Carta de Rosa Alonso- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Apuntalan la casa de Papá Noel en Vigo por riesgo de derrumbe tras chocar un furgón
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- Comunidades de propietarios de Vigo limitan la decoración navideña para controlar el consumo eléctrico
- El pesquero de los horrores: regresa a Vigo la herrumbre del «Santa Isabel»
- Ni con el Gordo de Navidad se puede comprar el piso más demandado de Vigo
- Jiu Jitsu, el deporte que transforma el miedo en acomodo físico y emocional
- Una «obstrucción» en el tubo de la caldera motivó la concentración letal de gas en un chalé de Vigo