Tres décadas de troula en troula

Unha das actuacións de onte nos festexos polo trinta aniversario de Bico da Balouta. / Bernabé/Lucía Abeledo
Día de festa o vivido onte en Agolada. A agrupación de música tradicional Bico da Balouta festexou 30 anos de existencia rodeada de numeroso público no auditorio municipal. O grupo fundado por Alfonso Sucasas, Manuel Pumar Coego, Manuel Pumar Negro, Javier Sucasas, Esther Torreira, Román Varela e Pepe Pardo recibiu unha homenaxe emotiva na que non faltou de nada. O evento foi presentado pola xornalista Clara Rial e polo esceario do auditorio agoladés pasaron figuras sobranceiras da música tradicional local.

Público asistente. | Bernabé/Lucía Abeledo
A partires das 19.30 horas tivo lugar un completo programa con vídeos e música en directo. A agrupación tocou a Foliada de Campelo e a Muñeira de Carballo. De seguido, os rapaces que están iniciándose a baile e pandeireta tamén actuaron no acto. Ao final, exprofesores do Bico da Balouta interpretaron a Muiñeira de Ponte Bora para dar paso a sección audiovisual do programa. Vídeos gravados fai un ano nos que se reuniron uns cantos do grupo para falar da orixe de Bico da Balouta e das súas experiencias foron presentados por Clara Rial, e entre cada ún dos tres clips visionados déronse agasallos aos que foron profesores e presidentes da agrupación agoladesa. Tamén houbo unha charliña coas profesoras da escola, que agora teñen cursos de formación e que tamén actuaron na celebración para o público asistente no auditorio.

Clara Rial presentou o acto no auditorio agoladés. / Bernabé/Lucía Abeledo
Sorpresa
Por outra banda, os organizadores do festexo tiñan preparada unha sorpresa para Alfonso Sucasas. O músico agoladés recibiu varios agasallos pero o máis especial foi a estrea dun pasadoble composto por Javier Naveiro –que tamén vai tocar as veces co grupo– e que se chama Bico da Balouta. A primeira interpretación da peza levantou ao público das súas butacas para ovacionalo. Ao remate, todos compartiron unha cea de confraternidade que foi servida nun restaurante en Ponte Vilariño.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada