Homenaxe aos requinteiros Marcelino e Pepe tras décadas de músicas populares
Co novo disco da Gaita de Sarandón chega tamén o seu adeus aos escenarios
REDACCIÓN
Requinta sempre é o título do novo disco do grupo de música tradicional A Gaita de Sarandón, que serve tamén como homenaxe á dilatada traxectoria de Marcelino de Muiñeiro (nome artístico de Marcelino Brey) e Pepe de Nande (José Alvela), dous veteranos requinteiros de Vedra que abandonan os escenarios tras décadas difundindo as melodías populares galegas.
A requinta é unha frauta traveseira de madeira cunha soa chave, moi típica das zonas do Ulla, que se toca para acompañar as gaitas e que foi tremendamente popular nesta contorna durante o século dezanove e comezos do vinte. Porén, o seu uso caeu de forma notoria durante as décadas de 1960 e 1970, aínda que ten sido recuperada por diferentes agrupacións culturais en tempos recentes.
Nestes traballos ten sido clave a aportación de persoeiros como Marcelino e Pepe, próximos os dous aos noventa anos, que gardan a memoria duns sons e dun instrumento que xa interpretaban de nenos e de mozos polas aldeas de Vedra.
Agora, case dúas décadas despois de teren participado na primeira gravación da Gaita de Sarandón, volven participar nun traballo dun colectivo que leva máis de vinte anos en activo e que presentou a súa nova música esta pasada fin de semana na casa da cultura desta parroquia vedresa. Un acto que tamén serviu como despedida dos escenarios dos dous históricos requinteiros.
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Galicia recupera poco a poco la normalidad tras el apagón: clases suspendidas y trenes parados
- Encerraron a sus tres hijos en un chalet de Oviedo hace 4 años: «Hemos desmantelado la casa de los horrores»
- Bamio, la parroquia que siempre tuvo luz
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- Un matrimonio y su hijo mueren en Taboadela por inhalar los gases de un generador durante el apagón
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Más de 60 incidencias durante el apagón en Vigo: incendios, garajes anegados y comunicaciones por walkie