A Estrada súmase ao proxecto «Nós» de doazón de voz para novas tecnoloxías

Trátase dunha iniciativa das universidades públicas e a Secretaría de Política Lingüística para adestrar ferramentas dixitais en lingua galega | En total, participan 17 concellos en toda Galicia

Lucía Seoane e Manuel Magariños, onte, durante o acto de presentación.

Lucía Seoane e Manuel Magariños, onte, durante o acto de presentación.

A Estrada presentou onte a súa participación no proxecto Nós que o concello vai acoller o vindeiro 19 de novembro. Así o anunciaron a edil de Cultura, Lucía Seoane, e o edil de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, nun acto no que explicaron en que consistirá o programa: «Será unha xornada especial de captación de voces en lingua galega».

O proxecto Nós é unha iniciativa posta en marcha polas Universidades públicas galegas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo é que a lingua vernácula sexa compatible co uso das novas tecnoloxías, e para iso é preciso contar con gravacións de voz que permitan adestrar sistemas como o recoñecemento de fala, a síntese de voz e outras ferramentas tecnolóxicas.

«Trátase, en definitiva, de que os dispositivos electrónicos poidan entender e falar en galego, facilitando o seu uso en contextos dixitais como asistentes de voz, tradución automática ou recoñecemento da fala», comentou durante a súa intervención a concelleira, acompañada por .

A Estrada foi seleccionada para este programa, o cal é unha sorte, porque só 16 concellos máis de toda Galicia, que están participando de forma masiva nesta iniciativa. «Agardamos que sexan preto dun centenar de voces as que participen» dixo Seone: «Voces que serán escollidas entre a veciñanza, colectivos sociais e culturais, así como traballadores do concello e representantes da corporación municipal.

Para formar parte deste proxecto non é preciso contar cunha alta formación en competencias lingüísticas. Abonda con ser maior de 18 anos e saber ler, que é o requisito indispendable para poder doar a voz.

A xornada de gravación será o 19 deste mes

Como se mencionaba anteriormente, a xornada de gravación terá lugar o próximo 19 de novembro na aula Cemit de informática. Os interesados en participar só teñen que enviar un correo electróncio á dirección doaatuavoz@aestrada.gal, onde figuro o nome e apelidos remitente, así como o número de teléfono de contacto.

A xornada dividirase en dúas quedas. A primeira será de 10.00 a 14.00 horas, e a segunda irá dende as 16.00 ás 20.00 horas. Do mesmo xeito, partiranse asgravacións en bloques de 30 minutos cada un.

Os participantes só terán que ler as frases que lle sexan proporcionadas, mentres están sendo gravados, e despois validar as aportacións dos que asistiron a quendas anteriores.

«Dende o Concello animamos á veciñanza a que se anime a formar parte desta iniciativa, que servirá para garantir que a nosa lingua cobre presenza nas novas teconoloxías» sostivo durante o acto de presentación o edil Manuel Magariños, que engadiu: «É indispensable que o galego forme parte do muto dixital para que permaneza sendo unha lingua viva, últi e accesible». Neste sentido, incideu en que pode anotarse calquera veciño,incluidos os castelanfalantes.

Tracking Pixel Contents