Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Botos, a parroquia máis festeira

Verbena coa orquestra Cinema.

Verbena coa orquestra Cinema. / | | BERNABÉ

Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

Para calquera veciño as festas máis importantes son as da súa parroquia. As verbenas tradicionais en Galicia esmorecen a causa do despoboamento do rural e, tamén, pola imposibilidade en casos de xuntar os cartos precisos para pagar o caché das orquestras-espectáculo tan de moda desde hai tempo. Se hai un lugar onde a festa é relixión e en Botos. Os veciños non se conforman con reunirse para bailar cun dúo musical e sempre van a propostas de máximos.

Á cea acudiron 520 comensais. |  Bernabé

Á cea acudiron 520 comensais. | Bernabé

Antonte pola noite celebrouse unha das festas propias do outono, na que as castañas son protagonistas, pero en Botos organizaron o Magosto de Castañas Ecolóxicas do Deza. Nesta décima edición, solo para cear, sentáronse máis de medio milleiro de persoas baixo a carpa instalada nunha finca situada entre a liña do tren e a igrexa parroquial. A historia recente de Botos está ligada aos camiños de ferro, pois durante décadas tanto o San Bertolameu como a Fátima [as dúas celebracións anuais da parroquia] celebrábanse na explanada que hai diante da estación. Segundo explica o expedáneo e actual concelleiro de Festas de Lalín, José Cuñarro, a Fátima deixou de organizarse cando o almacén que se habilitaba como capela, tamén para o San Xudas Tadeo ao que onte se venerou con misas na igrexa parroquial, quedou inservible. Foran os empregados da entón empresa pública de ferrocarril os que impulsaron a Fátima, cada segundo fin de semana de maio. Esta tradición xa se perdeu e por iso os veciños decidiron darlle un maior pulo ao San Xoan, patrón da parroquia. Nesa noite non solo se prende una cacharela, hai cea e verbena con orquestras. E en agosto, outros dous días de troula polo San Bertolameu e o San Antonio.

Antonte, nin unha noite de chuvia frenou aos veciños da parroquia e tampouco aos moitos chegados doutros lugares para, logo da cea, bailar ata a madrugada. Algúns se cadra ata se esqueceron de cambiar a hora nos seus reloxos nunha celebración que arrancou sobre as 23.00 horas con Pachi Show e rematou co espectáculo da orquestra Cinema e o pinchadiscos Marcos Kintana.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents