“As matemáticas son unha ferramenta para solucionar os problemas sociais”

O científico lalinense, Carlos García Meixide, nun retrato recente.
O galardón internacional sorprendeu a Carlos García Meixide preparando o seu doutorado na capital de España. Fixo un dobre grao de Física e Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, estivo becado pola Fundación Barrié para facer un máster de Estatística na Escola Politécnica Federal de Zúrich e tamén é un melómano con experiencia bandística.
.-Cal é a importancia do premio que o levará ata Niza?
.-O IMS, que é o Institute of Mathematical Statistics, é a asociación internacional que se encarga de diseminar a probabilidade e a estatística a nivel internacional, agrupa tanto a académicos como a expertos industriais que estean interesados na probabilidade e na estatística. É unha institución das máis respectadas a nivel internacional na área e celebra un congreso en Europa, en decembro, que é o International Conference on Statistics and Data Sciencie. Dentro do prestixioso congreso hai unha sesión especial na que se expoñen as mellores contribucións que houbo ao congreso. E ese é o premio.
.-Agardaba que o chamaran para participar no congreso francés?
.-A verdade é que estou moi contento de que se lembraran de min para algo tan importante no noso traballo. O que máis significa é que a investigación que estou a facer é de relevancia dacordo ao criterio dunha institución internacional. É algo que é indicador de que si que a sociedade busca unha solución ao problema do que falo no artigo, e propoño unha solución para elo.
.-De que fala no artigo distinguido polo o IMS?
.-Resulta que hoxe en día é moi importante unha estrutura de información que se chama interválica. Consiste en que eu sei que unha enfermidade apareceu entre a visita que un paciente fixo o 3 de xullo e que fixo o 16 de agosto, por exemplo. Entón, o 3 de xullo a persoa esa chegoume sa á consulta pero o 16 de agosto apareceu enferma, sen embargo non sei en qué momento específico apareceu a enfermidade. Á parte de ter unha aplicación plástica e relevante, resulta que esta estrutura de información abre unha ponte teórica entre dúas correntes matemáticas que se encargaban de cuantificar esa especie de intelixencia artificial. Básicamente é iso o artigo.
.-Ten máis aplicacións?
.-Si. Outra aplicación é por exemplo a seguinte: Sei a qué hora me meto na cama, sei a qué hora me esperto pero non sei a qué hora quedei durmido. Entón, é ese tipo de información a que plantexa o problema de estimar modelos neste tipo de contextos.
.-Que aplicación real ten este tipo de traballos na sociedade?
.-Por poñer un exemplo, na industria farmacéutica sería o impacto de que se poderían levar a cabo ensaios clínicos nos que a variable que me describe a calidade do fármaco non se pode observar pero simplemente sei que pasou entre dous instantes de tempo determinados. E isto o que faría é aforrar un montón de cartos en canto ao que é desprazar patentes a centros de saúde. É un algoritmo que envolve a outros algoritmos, que é a solución que se lle da ao problema en cuestión.
.-Quédalle tempo para a música?
.-Por suposto. O que pasa é que agora adícome á música dunha maneira moi distinta a como o facía cando era neno. Agora son proxectos moito máis curtos e con conxuntos de xente máis pequenos. Coa Banda de Lalín teño tocado en concertos nos que había máis de cen músicos no escenario e agora ao ter menos tempo coordínome mellor con produtores e artistas en grupos pequenos.O que está claro é que a miña paixón pola música vai estar intacta teña ouno tempo para poder tocar.
.-Traballos como o seu amosan que as matemáticas teñen unha utilidade verdadeira?
.-Este artigo que vou presentar en decembro en Niza non é máis que a miña particular contribución á idea moi importante de que as matemáticas son unha ferramenta poderosa de cara a solucionar os problemas da sociedade. Penso que é algo que hai que facer para que a xente o teña en conta.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- De jugar en el Celta de Vigo a emprender juntos: Dos jóvenes gallegos impulsan cultura, tecnología y responsabilidad social con Zona Norte Podcast
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Alumnos de colegios privados en Galicia obtienen mejores expedientes y notas de acceso a la universidad
- Las K9 eléctricas llegarán más lejos: Stellantis planea una nueva evolución para las baterías de las furgonetas viguesas
- El peaje de la selectividad sobre el expediente en Galicia: el alumnado de sobresaliente se reduce a la mitad tras la prueba
- La exmujer del agente FIFA Toni Otero acepta dos años de cárcel y deberá devolver casi 400.000 euros
- Iker Casillas reclama 3,7 millones de euros por el infarto que sufrió en 2019