Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Silleda renova as redes exteriores de Mularedos

Colocación das novas redes exteriores. |   // CEDIDA

Colocación das novas redes exteriores. | // CEDIDA

O campo de fútbol de Mularedos, na parroquia silledense de Lamela, conta xa con novas redes en todo o seu perímetro exterior. A dotación deste material fora adxudicada a José Raña por un importe de 6.802 euros. Silleda levou a cabo este investimento a través dos remanentes que lle corresponden do Plan Concellos da Deputación, dentro da anualidade de 2023. Este cambio das redes exteriores forma parte dunha mellora de infraestruturas deportivas que no caso de Mularedos incluiron ademais novos banquillos e un pozo de auga.

TEMAS

  • Das
  • Deputación
  • Plan Concellos
  • fútbol
Tracking Pixel Contents