A etnografía de San Xoán de Botos recollida nos debuxos de Vicente Risco

Das once aldeas que ten, nos seus cadernos de campo figura que visitou Botos, Fontao, Lamela, O Porto, Sestelo, Somoza e Vilamaior

En Sestelo plasmou no seu caderno una ventá feita con barrotes de madeira e unha cancela en reixa.

En Sestelo plasmou no seu caderno una ventá feita con barrotes de madeira e unha cancela en reixa.

Antonio Vidal neira / Cecilia Doporto

lalín

Fai uns día, FARO DE VIGO, publicou un artigo sobre os debuxos recollidos por X. Vidal Rey, membro do Seminario de Estudos Galegos, nunha das campañas de investigación realizadas na comarca de Deza, que a través de varios bosquexos, plasmou os detalles da etnografía da parroquia de Soutolongo, recorrendo en cada lugar o que más chamou a súa atención e deixando constancia dos detalles máis insignificantes, pero seguindo un programa ou cuestionario marcado por tódolos membros da Sección de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos (ESG).

Anotacións de aparellos e estruturas.

Recreación de vivendas no lugar de Fontao. / .

Nesta ocasión, mostramos a través dos debuxos, os datos recollidos por Vicente Risco na parroquia de Botos. Consultamos tamén os cadernos de campo de Filgueira Valverde, caderno nº 3 (FVar.259-10) onde deixo anotado elementos da etnogafía do lugar de Fontao, da Eirexe de Botos, bosquexo de unha lápida, bosquexo de unha caravilla, molduras e da pía bautismal da parroquia; en Sestelo debuxou o pecho duna portada e o debuxo de un hórreo sen identificar o lugar do que describe que estaba pintado a colores en franxas (roxo, azul e roxo).

Detalle da cruz, anverso e reverso, do cruceiro da parroquia de Botos.

Anotacións de aparellos e estruturas. / .

Filgueira Valverde nos seus apuntamentos fixo unha descrición da igrexa de Botos: “Eirexa de planta rectangular con capela maior do mesmo. Os pes da Eirexa e fachada serían refeitos no XVI aproveitando pedras de unha anterior, obra románica. O altar e actual, de detestable gótico. Dos dous altariños laterais barrocos; un de San Antonio e outro da Virxe do Carme”.

Un cabaceiro.

Detalle da cruz, anverso e reverso, do cruceiro da parroquia de Botos. / .

Das once aldeas que forman parte da parroquia de Botos, nos cadernos de campo de Vicente Risco figura que visitou os lugares de Botos, Fontao, Lamela, O Porto, Sestelo, Somoza e Vilamaior.

Debuxo dun balcón no lugar de Porto.

Un cabaceiro. / .

Deixo dos excelentes debuxos do crucifixo do cruceiro parroquial, situado a escasos metros da igrexa. Tratase de unha cruz latina, cuadrangular cos brazos rematados en pómulos, na parte superior a inscrición INRI. No anverso a figura de Cristo con coroa de espiñas, cabeza erguida, mirada ao fronte, tres cravos, pano de pureza anoado a esquerda e pe dereito sobre o esquerdo. No reverso da cruz a Virxe co neno no colo. Podemos observar no debuxo que o remate superior do varal do cruceiro fai de capitel.

Debuxos a modo de plano de Somoza.

Debuxo dun balcón no lugar de Porto. / .

No lugar de Botos tamén deixo recollido outros dous debuxos de un xugo e dunha casa. Describe as casas do lugar: “casas de pisos. Algunhas coas ventás de fora de madeira. Cancelas que xiran sobre a pedra d-un muro que ten os lados. Casa con corredor do patín de madeira mal composta”. O xugo é un elemento necesario para o arrastre do carro por dúas vacas ou no caso das casas dos máis ricos, tiñan bois. Varios dos membros do seminario deixaron recollido nos cadernos de campo debuxos de xugos e centraron a súa atención na decoración que levaban na parte central de rosetas, cruces, iniciais dos donos da casa, etc.

Pasadeiro, portalón de dobre folla e unha forcada.

Debuxos a modo de plano de Somoza. / .

Deixou tres debuxos do lugar de Fontao. A parte de arriba do lugar, chamábanlle O Campo e a de abaixo Fontao. Afirma que é un lugar de poucas casas e de terras duras. Hórreo de 7 claros e casa con portalón feito a cuarterós, enriba da portada, un telladiño. Os baixos das casas están branqueados; algunha casa teñen por dentro corredor pintado de azul coas columnas de amarelo. Afirma que os homes e mulleres levan chapeu de palla na cabeza. Do lugar de Lamela en Botos debuxou un pasadoiro da parte de dentro de un portalón. Un portalón de dobre folla e unha forcada feita de madeira ou metal de tres gallas.

A etnografía de San Xoán de Botos recollida nos debuxos de Vicente Risco

Pasadeiro, portalón de dobre folla e unha forcada. / .

Do lugar de O Porto fixo un esquema ou plano do lugar coas casas, un hórreo e un balcón circular asentado en vigas pequenas saíntes da parede da casa e encubertas con táboas. En Somoza debuxou o plano do lugar e deixou sinalado os hórreos e tamén o campo da Somoza no centro da aldea. O hórreo é unha construción rectangular de madeira ou de pedra e madeira, sostida por soportes anchos, chamados pés do hórreo ou perpiaños, de corte moi sinxelo, case sempre de forma rectangular, con tornarratos tamén de pedra, tellado a dúas augas moi voado e cuberto de tella. Pode ter un o varios tramos, chamados claros ou estremas. Os laterais son de barrote verticais e de vaos moi estreitos para que o aire poida pasar e conservar o millo.

En Sestelo plasmou no seu caderno de campo una ventá feita con barrotes de madeira e unha cancela en reixa. As portas, ventás, cancelas e os pechos interiores e exteriores, foron moi debuxados polos membros do SEG.

No lugar de Vilarmaior chamou a atención de Risco os elementos que forman parte de unha casa: o pasadoiro de un portalón pola parte de dentro. Un ventanucho de madeira, unha ventá e unha cadeira de madeira. Os carpinteiros era un dos oficios máis demandados no rural galego. Aparte dos traballos de construción de casas (estrutura do tellado, portas e ventás), tiñan un papel destacado na moblaxe (camas, armarios e cadeiras), tamén na fabricación de aparellos de labranza (xugos, arados, grades, angazos) e no carrexo (carros, coches, etc.), sen contar outros traballos miúdos.

Agradecemos a Fundación Vicente Risco a cesión das imaxes para publicar esta comunicación sobre o estudo feito por Risco da parroquia de San Xoán de Botos.

TEMAS

  • Unha
  • Madeira
  • casas
  • Das
Tracking Pixel Contents