Xornada de homenaxe á figura de Avelino Cachafeiro

A organización intervén ante posibiliade de chuvia | Habrerá cortes de tráfico de 08.30 a 21.00 horas

Ana Doval e Verónica Pichel, supervisando onte os preparativos da festa.   | // FDV

Ana Doval e Verónica Pichel, supervisando onte os preparativos da festa. | // FDV

O Concello de Forcarei celebra hoxe, en Soutelo de Montes, a corenta e cinco edición da popular Festa do Gaiteiro, declarada de Interese Turístico Galego. A alcaldesa, Verónica Pichel, xunto coa concelleira, Ana Doval, supervisaron onte as labores de limpeza e a organización dos últimos detalles –ante a posibilidade de que caian algunhas chuvias esta tarde– para os festexos, que terán lugar na Praza do Gaiteiro, no parque Venezuela e na súa contorna. Por mor da esperada celebración, realizarase un corte de tráfico, entre as 08.30 e as 21.00 horas, na Praza do Gaiteiro e na travesía do parque, só quedarán libres os accesos aos garaxes. A programación comezará coa actuación da Banda de Gaitas do Concello polas rúas da vila, a partir das 12.00 horas. O acto de honra a Avelino Cachafeiro, comezará ás 13.00 horas, e o tradicional xantar está programado ao seu remate, ás 14.00 horas. Ás 17.00 horas comezará de novo a festa con distintas agrupacións musicais e unha masterclass, ás 19.00 horas.

Tracking Pixel Contents