Os Pendellos de Agolada reunirán do 5 ao 7 de xullo a 53 artesáns e 32 expositores de alimentación
Corazón de Artesanía volverá a ofrecer demostracións, cursos especializados e obradoiros abertos
Tamén haberá música

Taller de torno en una edición anterior. / Bernabé
O Corazón da Artesanía volverá encher de actividade os Pendellos de Agolada os días 5, 6 e 7 do vindeiro mes de xullo. No recinto histórico-artístico foi presentado onte o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia por parte do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Tamén asistiron o alcalde, Luis Calvo, e as voceiras municipais do PP, Carmen Seijas, e do BNG, Susana Tato, entre outros.
Durante a presentación, Gabriel Alén destacou o Corazón da Artesanía como un encontro multidisciplinar e orientado a amosar, poñer en valor, enxalzar e contribuír ao desenvolvemento integral dos nosos oficios artesanais, especialmente dos máis tradicionais, dos valores da artesanía e da marca Artesanía de Galicia, así como dos produtos gourmet. “Agolada convértese cada ano nun espazo de confluencia entre artesáns e profesionais de diferentes ámbitos (deseño, decoración, gastronomía, moda, arquitectura, tendas especializadas...) que permiten establecer relacións comerciais e chegar a novos mercados”, explicou.
Na edición deste ano está prevista a participación de 53 profesionais da Artesanía de Galicia, 36 como expositores e outros 14 artesáns que acudirán como docentes dos cursos de formación especializada e talleres abertos, entre os que se atopan sete obradoiros que participan neste evento por primeira vez. En canto aos expositores de produtos gourmet, este ano estará presente a oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria.
Así, durante tres días en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.30, Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo; o programa Artesanía no Prato, que xunta gastronomía e artesanía; cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
Entre estas actividades de formación destacan os cursos de especialización impartidos por Álvaro M. Leiro, artesán pontevedrés especializado en cestería e gañador do Premio Nacional de Artesanía 2023; a empresa Ubedíes Artesanía (Jaén), un referente no traballo do esparto; ou dous dos docentes do proxecto de recuperación e transmisión dos oficios tradicionais Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, impulsado pola Xunta: o oleiro de Buño Antonio Pereira, "O Rulo", e a tapiceira Stelle Bisson.
Oficios representados
Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería e a ourivería, a sombreirería, os instrumentos musicais, a olería, a cerámica, a elaboración de zocos, a marroquinería, o téxtil, bordado, o traballo coa madeira e co papel, a forxa, a cestería ,as colareiras, os xoguetes, a estampaxe, a tapicería, o bordado ao aire e mais os labores de palla. No programa de actividades inclúense cursos especializados que estarán relacionados coa cestería, co bordado, coa olería tradicional, coa tapicería ou co debuxo e talleres abertos para todos os públicos relacionados con diferentes oficios como a cestería, o tecido, a cerámica de torno, a estampaxe e a elaboración de figuras de miga de pan.

Alén e Fabeiro presentaron a cita nos pendellos, acompañados por membros da corporación. / Arxina
Como xa é habitual, incorpora Artesanía no Prato, un proxecto que botou a andar no 2013 no marco deste encontro co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. Durante os tres días do evento realizaranse demostracións de reputados cociñeiros que empregarán pezas da marca Artesanía de Galicia para presentar os seus menús. A programación do evento complétase con espectáculos e concertos musicais que terán lugar na Praza do Concello de Agolada durante toda a fin de semana.
En decembro de 2023, esta iniciativa impulsada pola Xunta resultou gañadora do Premio Nacional de Artesanía na categoría promociona para entidades públicas.
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado