Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Silleda, ou a feira onde volver ter "boa mirada"

Tres tratantes xubilados da comarca do Carballiño visitaron onte o mercado de gando para lembrar vellos tempos e tasar os animais

De esquerda a dereita Camilo Alarcón, Eligio González e José Casado, coa veterinaria Mari Carmen Sotelo e o tratante José Manuel Sartal.

De esquerda a dereita Camilo Alarcón, Eligio González e José Casado, coa veterinaria Mari Carmen Sotelo e o tratante José Manuel Sartal. / Manolo Barros

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Silleda

Entre os tratantes de gando, a expresión “ter boa mirada” significa calcular a simple vista o peso dun animal, para desa maneira ofrecerlle o precio máis convinte ó seu propietario. E sempre, a primeira ollada é a que vale, tamén no mundo da gandería. Onte, na Lonxa Agropecuaria de Galicia, entre os asistentes estaban tres antigos tratantes de gando, todos da comarca do Carballiño, e que teñen pensando tamén visitar o mercado de Santiago, en Amio, para lembrar vellos tempos e tamén para comprobar que, ainda que non exerzan a profesión, aínda a manteñen viva. Son Camilo Alarcón, de San Amaro (máis coñecido por Manolo ou Machino), Eligio González, da vila do Carballiño, e José Casado, de Seoane.

Tanto Camilo como José adoitaban mercar gando para carnicerías, e Eligio, que tamén chegou a abastecer a catro negocios de Vigo, en 1980 decidiu mercarlle a un cliente a carnicería Avelino do Reque, na vila do Arenteiro. “Daquelas custoume un millón de pesetas”, lembra. Agora, o negocio está en mans do seu fillo, que vende carne de becerros sobre todo de Melide. Cando Eligio era tratante (xubiouse ós 65 e agora está a punto de cumplir 83), “comprábamos en Silleda e en Santiago, pero tamén en Melide, na Agolada, en Sarria... Tamén visitaba feiras máis pequenas, como Allariz, Xinzo ou Bouzas, onde a nai de quen lles está contado isto vendeu leitóns durante moitos anos. “Daquela podíamos matar sete ou oito becerros, e agora matamos un”, debido a que se reduciu o consumo porque tamén as familias foron a menos, sobre todo no rural. Afecta, tamén, a competencia que exerceron os supermercados sobre estes mercados e, incluso, sobre as prazas de Abastos.

Transporte compartido

E comparando os animais daquelas feiras cos de agora, Eligio non o dubida. “A calidade non ten nada que ver. Hai moita diferenza entre comer un becerro criado con leite e con millo a outro que viviu nun establo e a base de pienso”. Onte, cos seus compañeiros de profesión e con algún que aínda está en activo, como José Manuel Sartal, de Poio, afinou puntería no peso dos becerros e tamén no prezo que se ía pagar por eles. Prezo que, por certo, subiu moito en comparación co que se pagaba cando estes compradores estaban en activo.

Antano, cando traballaban como tratantes, Eligio iba con Camilo e con Pepe ás feiras que mencionamos, e compartían o mesmo camión para traer o gando mercado para O Carballiño. Non tiñan por costume quitarse os animais uns ós outros facéndolles distintas ofertas ós donos. “Si que é certo que ó mellor falábamos entre nós dos que lle mandábamos a un ou outro animal”, lembra. Para rematar o encontro de onte, os tres amigos compartiron unha comida na súa vila.

Tracking Pixel Contents