En Silleda a muller pinta moito
O Concello nomea “(in)visible do ano” á artista Marisa Miguélez, que lle doa e lle dedica o seu cadro ‘Amigas’ e reivindica “plans urxentes para conseguir a verdadeira igualdade”

Marisa Miguélez posa co cadro doado ao Concello xunto a Paula Fernández Pena e Ángela Troitiño Gil. / Bernabé/Javier Lalín

Marisa Miguélez foi nomeada onte (in)visible do ano 2024, unha iniciativa do Concello de Silleda para visibilizar a pegada e o legado que deixaron e deixan as mulleres na sociedade. O programa pon en valor a historia vital de doce mulleres, unha por cada mes. Á pintora e poeta dedícaselle o ano enteiro nun acto que serviu para iniciar a programación municipal do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Marisa Miguélez le a súa dedicatoria no cadro ‘Amigas’, que doou ao Concello de Silleda, en presenza da alcaldesa. / Bernabé/Javier Lalín
“Unha muller sempre disposta a colaborar que rezuma arte non só nos seus cadros, senón tamén na súa poesía”. Así é Marisa Miguélez, en verbas da concelleira de Benestar Social de Silleda, Ángela Troitiño Gil. Daí que a súa figura sirva de “punto de inflexión” neste programa a prol da igualdade. Logo dunha pequena semblanza da homenaxeada, proxectouse o seu vídeo da serie Creadoras, no que a propia Marisa relata a súa traxectoria vital e artística desde que pintara o seu primeiro cadro, alá por 1970, un ano antes de emigrar a Suiza. Ao regreso, e ata a súa xubilación, exerceu como mestra do colexio María Inmaculada. “Tiña que planificalo todo moi ben. Con seis fillos e traballando fóra da casa é difícil”, confesa a protagonista na gravación.

Asistentes ao acto celebrado no consistorio. / Bernabé/Javier Lalín
Marisa recibiu do Concello unha figura de Sargadelos nun salón municipal de actos ateigado de amigos, compañeiros da Coral Polifónica Trasdeza, familiares e o alumnado de 6º de Primaria dos dous colexios de Silleda. No seu discurso de agradecemento reflexionou sobre a visiblidade en canto a recoñecemento social das persoas nos diferentes ámbitos da vida. Lembrou “ás nosas paisanas deslombándose nas leiras para logo chegar aos seus fogares e seguir traballando”. Referiuse ao labor da “muller tradicionalmente relegada ao ámbito doméstico: escritoras, poetas, músicas... eclipsadas polo patriarcado”, que viron como “pais, irmáns ou maridos asinaban as súas obras”. Reivindicou ás “antergas que loitaron por ocupar o lugar que, por dereito propio, nos corresponde a todas” e asegurou que “aínda quedan moitos teitos de cristal por romper”. Por iso, concluiu, “son necesarios e urxentes moitos plans para conseguir a verdadeira igualdade”. Pero non quixo rematar sen “romper unha lanza a favor de tantos homes estupendos que van derribando muros que nos permiten avanzar”.

Dúas alumnas colgan a súa regadeira. / Bernabé/Javier Lalín
Paula Fernández Pena definiu á que fora a súa mestra de párvulos como “unha muller valente, e non hai tantas”. “Deu un paso adiante e atreveuse a ser artista, agarrouse ao seu soño cos dentes. E hoxe Silleda ten a mellor pintora deste concello, da comarca e atreveríame a dicir que de toda Galicia”, proclamou a alcaldesa. Mais tamén enxalzou a súa faceta docente: “Gustábame tanto Marisa que me fixen noiva do seu fillo para ir merendar á súa casa, que rezumaba arte e feminismo”. Aquel noivado, con 5 anos, non estaba chamado a durar, mais a Paula serviulle para achegarse a unha muller “brava e moi, moi xenerosa”. Como proba, a doazón do seu cadro Amigas, no que estampou a seguinte dedicatoria: “Para o Concello e o pobo de Silleda con todo o meu agarimo. Para o patrimonio cultural do Concello de Silleda e do noso pobo”.

Mensaxes pendurados no 'paso da igualdade'. / Bernabé/Javier Lalín
Paso da igualdade
Con anterioridade, os escolares participaran na creación do paso da igualdade na Praza Siñor Afranio, diante do propio consistorio. Lazos brancos con mensaxes relacionadas co empoderamento feminino escritas pola propia rapazada brotan de regadeiras moradas –en liña co proxecto #ensilledaestamoscomaregadeiras, iniciado polo Nadal no Barrio das Baratas– penduradas de dous valados metálicos.
A programación municipal segue mañá, de 10:50 a 13:40, cunha xincana para o alumnado de 3º da ESO do IES Pintor Colmeiro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»