Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Diego Portas González | Premio á excelencia académica en Historia

“Non contaba con este premio; de feito, non sabía que existía, e moito menos que mo ían dar”

“Ao novo alumnado diríalle que non pasa nada por cometer erros e que os resultados académicos non nos definen como persoas”

Diego Portas posa en la facultad de Historia, en la que estudia.

Diego Portas posa en la facultad de Historia, en la que estudia. / Xoán Álvarez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
a estrada

Diego Portas González é un lalinense de 22 anos que recentemente acadou o premio á excelencia académica pola súa media do grao de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. En concreto, Portas sacou un 9,16 de media, situándose como un dos mellores na súa promoción.

–Fáleme deste premio, esperábase recibilo?

–Non contaba con que me deran este premio. De feito, non sabía que existía, nin moito menos que mo ían dar. Saquei boas notas pero non intentei ser o mellor nin nada. Intentaba levar os exames o mellor preparados posibles dentro das miñas posibilidades. Cando mo dixeron levei unha alegría moi grande. Pero tamén é certo que tiven moita sorte de estudar nesta facultade, onde tanto os profesores como os compañeiros fixeron da miña etapa universitaria unha experiencia marabillosa. Ademais de que a carreira me gustaba e considero que saquei moito partido dela.

–Cal é o segredo para acadar unha das notas máis altas da promoción? É vostede dos que estudan todos os días?

–Se son sincero, teño unha importante tendencia a procrastinar. A carreira saqueina estudando sempre na semana de exames. Mesmo os traballos os fun facendo días antes de ter que entregalos. Mais é certo que intentaba ter todo o material preparado o antes posible. Considérome unha persoa bastante perfeccionista, polo que os apuntes e as notas que tomaba en clase, ás que lle dedica o 100% da miña atención, estaban moi coidados.

–No instituto xa seguía este sistema, ou era máis constante?

–A verdade é que sempre fun así. Quizais por iso é case un castigo, como me foi funcionando e non levei un escarmento, nunca cambiei o método de deixar todo para última hora. Pero quero incidir en que non é algo que recomende, o mellor é levar as cousas ao día (risas). De feito, no instituto fun salvando as materias pero non sacaban notas especialmente boas, tan só en bacharelato e na selectividade as subín un pouco, pero nada que ver coas da carreira

–Diría que a carreira sacou o mellor de vostede?

–A carreira interesábame e gustábame estudala, pero non diría que foi este o factor decisivo para que acadase os resultados que acadei. Máis ben é unha cuestión de contexto. Estás noutra etapa vital, maduras e empezas a comprender a importancia que teñen os exames e os traballos. Porén, o que verdadeiramente fixo posible que chegase ata aquí foi o apoio incondicional dos meus familiares e amigos. Meus pais, meus avós, meus tíos... todos estiveron aí dándome ánimo, especialmente na recta final, á que máis tempo lle dediquei.

–Sempre soubo que quería facer Historia?

–Non, sabía que me gustaban máis as ciencias sociais e a cultura que as a rama científica e os números. Supoño que porque nestas últimas tiña que investir máis tempo e esforzo que non se traducían en bos resultados. O que tiña claro era que me quería dedicar á docencia, e tirando de aí cheguei á conclusión de que me gustaría dar clases de historia. Neste sentido, non me cambiaron moito as ideas, aínda que agora dubido se impartir clases na secundaria ou continuar na universidade cun doutoramento.

–Para rematar, que lle diría ao alumnado que comeza agora a etapa universitaria?

–Pois diríalle que non pasa nada por cometer erros ou porque as cousas non saian cando e como un quere. Eu son moi perfeccionista e sei o que é lidiar coa autoesixencia. Está ben sacar cincos no lugar de deces, ou tardar máis en conseguir as cousas. Neste sentido paréceme necesario recalcar a importancia de coidar a nosa saúde mental neste proceso. Os resultados académicos non nos definen. como persoas

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents