A volta de Serodio cambia as agullas polo tear
A marca estradense aposta por unha lá exclusiva chegada de Irlanda

Manuel García tecendo unha das pezas de Serodio. // Ariadna Silva / nerea couceiro
Despois de case dous anos de parón, a marca de artesanía téxtil estradense Serodio volve a activar as redes para anunciar que hai nova tempada. Manuel García Vicente, o mozo detrás desta iniciativa retoma o proxecto pero desta volta con un par de novidades que non deixarán a ninguén indiferente.
En primeiro lugar, García Vicente cambiou o seu método de produción e agora, tras teren practicado moito, emprega o tear para confeccionar as súas pezas. Esta é, posiblemente, a razón principal pola que o xoven artesán volveu apostar pola súa marca. “Producir co tear leva moito menos tempo que coas agullas. Aprender a usalo foi o que me animou a comezar de novo, ademais os resultados que tiven ata agora deixáronme moi contento e motívame a seguir” conta estradense.
A segunda novidade é a materia prima. “Un día pasando por Santiago chamoume a atención unha lá que había no escaparate dun negocio chamado Nelinés, pareceume que con ela se podían facer cousas moi chulas” comparte García Vicente. Así foi como deu co material que agora emprega, un tipo de lá chamado Donegal que se produce de forma artesanal en Irlanda e que a penas se comercializa en Galicia ou España. “É un material moi exclusivo e difícil de conseguir” di o estradense, que engade “por iso de momento estoume centrando en bufandas, non quero empregar este tecido para os gorros porque é demasiado delicado”.
A maiores, tamén hai mudanzas no xeito de operar, pasando a un sistema máis sostible que en parte vén esixido pola escaseza da lá: “agora teño algunhas pezas feitas pero funciono por encargo previo e non acepto máis de catro peticións ao mes, con vistas a ampliar o límite na época de Nadal”. Ademais, o feito de ter que compaxinar as súas labores artesanais coas clases de música que imparte como traballo principal tampouco permite producir en grandes cantidades. “A falta de tempo foi o que me levou a deixalo nun primeiro momento, e agora, aínda que intento atopar o tempo, tampouco é doado” confesa o creador de Serodio.
Os prezos
Actualmente producir unha destas bufandas lévalle unha media dunha semana, a dúas horas por día. Isto engadido aos costes de produción, que rondan os 40 euros, elevan o prezo das súas creacións a uns 90 euros. “Teño algunhas máis baratas porque me saíron máis pequenas, pero se se ten en conta o material, o proceso artesanal de produción con tear e sobre todo, as horas que invisto, é o xusto” conclúe.
Así pois, os interesados en facerse con algunha destas orixinais bufandas, poden contactar ao creador a través do perfil oficial da marca, @serodio.creacions, en Instagram.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»