Templarios da Geira no Obradoiro
Trinta peregrinos de Portugal completan o camiño co uniforme da orde

Os “templarios”, á súa chegada á Praza do Obradoiro. | // ANTONIO HERNÁNDEZ / REDACCIÓN
REDACCIÓN
Unha trintena de peregrinos de Amares (Braga, Portugal) chegaron o domingo á praza do Obradoiro seguindo o Camiño da Geira e dos Arrieiros, e fixérono vestidos de templarios na honra dunha personaxe ilustre da súa freguesía, Gualdim Pais. José Manuel Almeida, presidente da freguesía Caldelas-Paranhos comenta que esta ruta, pendente de aprobación pola Xunta “terá resolución, previsiblemente a finais de ano ou no primeiro trimestre de 2024”. Trátase dun Camiño que entra directamente en Compostela, sen enlazar en Galicia con ningún dos camiños xa oficiais. Geira-Arrieiros percorre tres concellos lusos, pola antiga vía romana, entra en Galicia e volve a de novo a Melgaço (Portugal), para logo continuar dende Cortegada até Terra de Montes e entrar en Santiago por Pontevea. “É a verdadeira esencia do Camiño”, di Almeida, “ten moita montaña, é o interior de Galicia, non hai portamochilas, podes ir soa boa parte das dez etapas coas que conta”.
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El joven ourensano Pablo Freire conquista su segunda medalla de oro consecutiva en la Olimpiada Iberoamericana de Matemática
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Un amplio dispositivo policial frena el intento de suicidio de un joven en el puente de Rande
- El rural ourensano revive: un concello de 550 habitantes busca reabrir su escuela tras 17 años cerrada
- Abal: «La Diputación contraprograma A Defensa da Vila con Carlos Núnez en Aldán»
- Protestas en el IES de Teis por la eliminación de horas para el mantenimiento del equipo informático
- Nuevo hito a la vista en Vigo con la nueva grada de Gol, con el objetivo de estrenarla en el derbi: ya está todo preparado para empezar a «teñirla» de azul