IN MEMORIAM | Mario de Gonzacoca, lalinense de pro
Este martes ás cinco da tarde terá funeral na igrexa parroquial

Mario Gutiérrez e Luís Cuñarro no seu “jeep” na bendición de automóviles do San Cristovo de 1961. / Arquivo Daniel González Alén
Daniel González Alén*
Vimos de coñecer a nova do pasamento de Mario Gutiérrez Crespo, máis coñecido en Lalín coma Mario de Gonzacoa, por ter prestado os seus servizos durante case medio século nesta empresa que fundara vai para cen anos Eduardo González Alonso en Vigo e se establecera en Lalín no 1954, primeiro coma empregado e despois de encargado, tras mostrar a súa valía na actividade que desenvolvía este negocio dedicado aos recambios de automóbil e venda e reparación de tractores.
Mario Gutiérrez foi un dos setenta e dous alumnos da primeira promoción do Instituto Laboral de Lalín, que comezaran no curso 1954-55, e un dos catorce que remataba o bacharelato cinco anos despois aprobando a reválida, xunto con outros lalinenses ben coñecidos, coma Carlos Taboada “do Español”, Mario Piñón, Manuel Brandido, Mario González “Canteiro”, Jesús González “do Bar Galicia”, Francisco Sixto Pérez ou Javier Brandido, algúns deles xa falecidos.

Mario xunto a Daniel González 'O Tío Xanete' nun festival da radio local 'La Voz del Deza'. / Aquivo DGA
Foi entusiasta colaborador da emisora local La Voz del Deza, a finais dos anos cincuenta, presentando coma locutor algúns programas e participando nos festivais benéficos que esta emisora pertencente á COPE e dirixida polo inesquecible sacerdote Xesús Mato Mato, levou por vilas e parroquias da Galicia central naqueles anos. Co noso pai Daniel González ‘O Tío Xanete’, representaba un diálogo titulado De mulleres non me fales, adaptación da obra de Varela Buxán do mesmo título que facía rir e cavilar ao publico ao mesmo tempo.
Non menos gargalladas e diversión causou co seu enxeñoso Jeep feito cunha moto, co que participou no desfile do San Cristovo do ano 1961, levando de copiloto ao tamén finado e non menos ocorrente Luís Cuñarro.
Descanse en paz este lalinense de pro, que este martes ás cinco da tarde terá funeral na igrexa parroquial e logo cristiá sepultura no cemiterio municipal de Lalín. Vaia o noso pesar á súa dona, Candy Feijoo, aos fillos, Mario e Javier, e a toda a prezada familia deste amigo, que logo dunha longa e proveitosa existencia, deixa entre nós unha grata lembranza polo bo trato e afán de servizo que sempre dispensou a todos no seu labor profesional e tamén coma veciño, pola súa altruísta participación nas actividades sociais e recreativas naquela pequena e puxante vila de Lalín de antano, na que lle tocou vivir a maior parte das oito décadas do seu ciclo vital.
*Cronista oficial de Lalín
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»