O Campo das Laudas percorre a metade do camiño
Capitán Gosende instala a súa undécima lauda en recordo de Luciano García Ventín

Preparativos para a colocación da lauda. | / Lois Docampo
O colectivo Capitán Gosende, que ven de recibir o Premio Galiza Mártir 2023, inaugurou onte a décimo primeira lauda que se instalará Campo das Laudas, ubicado en As Raposeiras (Meilide-Cerdedo). A 11ª está adicada á memoria de Luciano García Ventín, tenente de alcalde republicano de Cerdedo. O monólito, coma os dez anteriores, é obra do escultor Marcos Escudero. Desta maneira Capitán Gosende chega ao ecuador do seu proxecto, quedando por diante outras once lápidas máis por colocar.

Un intre da homenaxe realizada onte no Campo das Laudas. | / Lois Docampo
Nado no lugar de Fondós (Quireza) o 20 de febreiro de 1892, Luciano García Ventín compaxinou a súa profesión de carpinteiro-ebanista (na que deu sobradas mostras da súa mestría) coa de dirixente das colectividades agrarias. Tras o golpe de Estado do ano 36, Ventín foi incluído na lista negra dos fascistas; perseguido; detido; incriminado polos seus adversarios políticos; xulgado en consello de guerra; condenado a prisión nun xuízo fraudulento; obxecto de extorsión e vexames; padeceu liberdade vixiada e, así mesmo, foi vítima de acoso e infamias. Luciano García Ventín faleceu en Quireza no ano 1964.

Traballos para instalar a bandeira galega. | / Lois Docampo
Como novidade, membros do colectivo Capitán Gosende levaron a cabo traballos na tarde do sábado para colocar a bandeira nacional na cimeira do Campo das Laudas: “Denantes mortos que escravos”. Esta bandeira presidirá a partir de agora todos os actos que se celebren neste especial lugar.
A lauda adicada a García Ventín únese desta maneira ás dez que xa se foron instalando neste Campo das Laudas nos últimos anos gracias a donativos e ao diñeiro recollido coa venta de libros. O resto están adicadas a Xosefa Rivas Touriño e os Ventín; Martiño Ferreiro Álvarez; Xosé Otero Espasandín; Manuel Garrido, O resucitado; Francisco Varela Buela; aos canteiros Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias; Xosé Torres Paz; Francisco Eloy Agapito Constantino Varela Garrido; Antonio Sueiro Cadavide e a Xosé Cortizo González.
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Aparecen decenas de libros desperdigados en una céntrica calle de Vigo: «Non o podo entender»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- Localizado Óscar Freire, que abandonó de forma voluntaria su domicilio
- Sale a la luz el plan de David Rodríguez tras descubrir que el foco de la investigación se centra en él: «Contar muchas cosas de su pareja»