A verinesa Clara Martín gaña o Concurso Balbino de Relatos
O xurado destaca a “gran caracterización de personaxes” de ‘Loucine’, “unha sinfonía de soidades na que todos os seres atopan o seu lugar”

Núñez, Lobato, Requeixo, García, Morlán, Loureiro e González Graña, onte, no Pazo de San Roque. / Xan Salgueiro
“Gran caracterización de personaxes” viu na obra Loucine o xurado do Concurso Balbino de Relatos para elixila gañadora da súa oitava edición. A súa autora é María Cristalina López Rodríguez (Verín, 9 de agosto de 1968), coñecida literariamente como Clara Martín.
O fallo foi determinado por maioría dun xurado composto por reputados profesionais do sector e que incluía a Carlos Loureiro (profesor e escritor), Fernando González Graña (escritor e dramaturgo), Xosé Manuel Lobato (profesor e escritor), Rosalía Morlán (escritora e poeta) e Armando Requeixo (profesor, escritor, investigador e crítico literario). Determinaron outorgar o galardón a Loucine –presentada baixo o nome Matilda Wormwood– polo “gran traballo na caracterización dos personaxes nunha historia que atrapa pola intriga e que é quen de reflectir, con notable habelencia, unha sinfonía de soidades na que todos os seres deste relato atopan o seu lugar no mundo”. Os membros do tribunal tamén quixeron destacar a calidade da preto dunha trintena de orixinais presentados entre os que se incluían tanto novelas como relatos marcados por unha clara defensa do rural e protección da cultura galega.
A gañadora deste certame literario resulta premiada cunha aportación económica de 1.500 euros e maila publicación da súa obra por Edicións Fervenza, que dirixe o silledense Manuel Núñez. Comeza agora o proceso para dar forma á obra, coa previsión de que sexa presentada en próximas datas nun acto no que tamén se fará entrega do premio á galardoada.
Baixo o nome de Balbino, protagonista da obra máis internacional da literatura galega, Memorias dun neno labrego, do célebre escritor Xosé Neira Vilas, este concurso xurdiu no ano 2016 co fin de promocionar a literatura, a lingua e aos/ás escritores/as de Galicia. De periodicidade anual, as bases que debían cumprir os orixinais presentados requirían unha extensión de entre 100.000 e 200.000 caracteres e, como non, centrarse na temática galega, co rural, o mar ou a emigración como protagonista. Conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística –representada tamén no acto celebrado onte no Pazo de San Roque, en Santiago, polo seu titular, Valentín García–, o departamento de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, a Fundación Xosé Neira Vilas e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.
Dramaturga con estreas en Madrid e colaxista ‘femmage’
Clara Martín é unha escritora en lingua galega e castelá. Foi galardoada con distintos premios literarios convocados en Galicia e finalista doutros de ámbito nacional e internacional. Colaborou en libros colectivos como Sempre mar, de Burla Negra 2003 da Plataforma Nunca Máis, e Imposible no comerse (en el volcán de los amores canallas), coordinado por Antonino Nieto. Ten publicacións en páxinas web e no seu blogue persoal Bicos con lingua. Como dramaturga destacan Os pecados do lobo, representada en Ourense en 2006, ou No esconderás un cadáver en el armario e Olvidé decirte adiós... así que adiós, en salas de Madrid; a versión galega desta última foi publicada por Edicións Fervenza. Outras obras no seu haber son Estado de Alarma, caixa de autor formada por contos e con ilustracións fotográficas de Plácido L. Rodríguez; e De maza e canela, contos con sabor e cor, escritos a partir de receitas da reposteira Teresa Fenollosa e coas ilustracións da artista Isabel Pintado. Amais da escritura, destaca como colaxista na categoría de femmage, que utiliza materiais, obxectos e técnicas artesanais identificadas culturalmente coa muller. Mostra desta disciplina atópanse no libro Uterus siue uolua (Edicións Fervenza), con poemas de Xulio Pardo de Neyra.
- El radical cambio físico de Iogur días después de ser devuelto a la protectora de Tui tras una adopción fallida
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- «Conducir en Vigo es como jugar al juego del calamar»: el vídeo viral de una mujer cogiendo esta mítica rotonda al revés
- Marián Mouriño: «Siendo niña llevábamos las partes del cerdo para hacer el cocido en México»
- El mejor café de España se prepara en Vigo, un año más
- Juicio por presuntos abusos tras una boda en Nigrán: «Sí que te metí mano; qué asco me doy»
- Registros en Ourense y Xinzo en una causa secreta con 4 detenidos y un espectacular despliegue de la Guardia Civil
- «Una mujer no pinta nada en un barco, solo dais problemas»