Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A xeración que fixo xoven a Silleda

Silledenses nados na década de 1950 e impulsores da vida cultural, deportiva e social da vila hai medio século reúnense mañá en Siador

Formación do Silleda CF en torno a 1980.

Formación do Silleda CF en torno a 1980. / FOTOS DE JÓVENES DE SILLEDA NACIDOS EN LA DÉCADA DE 1950 CLUB DE FÚTBOL

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Silleda

A xeración que fixo xoven a Silleda hai medio século ten unha cita mañá no recinto da Saleta, en Siador. Preto de cincuenta persoas, case a metade residentes fóra do municipio, xa confirmaron a súa asistencia a este reencontro concebido por obra e graza de Rodrigo Ares Fondevila coa colaboración de Suso Pérez Caramés. Por suposto, recibirán cos brazos abertos a todos aqueles “xóvenes” que no se inscribiran e decidan agora sumarse ao xantar de confraternidade, a base de polbo e carne ao caldeiro.

FOTOS DE JÓVENES DE SILLEDA NACIDOS EN LA DÉCADA DE 1950 CLUB DE FÚTBOL

Xóvenes de Silleda nun concurso Miss Anllada 1973, que gañou Ángeles García, na sala de festas Perla. / FOTOS DE JÓVENES DE SILLEDA NACIDOS EN LA DÉCADA DE 1950 CLUB DE FÚTBOL

“Dun xeito casual, nunha charla cos amigos, xurdiu a idea de facer un reencontro con todos aqueles que tiveramos un pasado entrelazado por vivencias que nos foron xuntando en guateques, festas, asociación Xuventude, revista Abrente e, sobre todo, o C.F. Silleda”, relata Rodrigo Ares. “Naqueles tempos non había discotecas, pero faciamos guateques e iamos ás romarías e voltabamos nos autobuses de Lázara ou de Cuíña”, rememora. En plena dictadura non era doado canalizar as “moitas inquedanzas e gañas de facer e cambiar cousas” que compartían, así que decidiron facer unha asociación xuvenil, por suposto co consentimento da OJE (Organización Juvenil Española). Así foi como naceu Xuventude, co beneplático municipal para utilizar o edificio da escola de Soto. Tamén o párroco, Don Vidal, puxoo salón parroquial á súa disposición e permitiu a entrada das guitarras na igrexa, “co conseguinte escándalo dalgúns feligreses que identificaban a música coa profanación da Casa do Señor”.

A xeración que fixo xoven a Silleda

Rapazas de Silleda e da Estrada posan xuntas co gallo dun partido que disputaron en Outeiriño polas festas da localidade. / Xan Salgueiro

Teatro, festivais e concertos

Coa Igrexa e o Concello ao seu carón e a mayoría da xuventude do pobo implicada, comezaron a escribir “unha fermosa historia que perdurará sempre na nosa memoria”. Editaron a revista Xuventude, facían obras de teatro no salón parroquial, festivais e concertos no cine Victoria, ata colgaron o cartel de “completo” nun festival de disfraces na sala de festas Campos. Organizaron as festas de Silleda e da Saleta. “Inolvidable foi a primeira Cabalgata de Reis, con todo o pobo nas rúas”, recorda Ares. Pero faltaba un eslabón, a parte deportiva, que daquela era, aínda máis, sinónimo de fútbol.

A xeración que fixo xoven a Silleda

O logotipo do reencontro son os escudos superpostos do Concello e do Silleda CF. / Xan Salgueiro

Un equipo con historia

A historia deste deporte en Silleda remóntase á década de 1920 e á doazón dos terreos para a súa práctica por parte de Arturo Pérez Lázara, represaliado polo franquismo. Nos anos 40 chegarían as equipacións doadas por C.A. River Plate grazas ás xestións dun emigrante seguidor do clube arxentino, unha franxa vermella que xa nunca desaparecería das camisolas locais. Mais a fundación oficial do Silleda C.F. chegaría en 1975, da man desta xeración que sacudiu a vida social da localidade, cun deles, Adolfo González Troitiño como presidente. Na súa primeira temporada (1975/76) terminaron invictos, con 35 puntos,54 goles a favor e 12 en contra en vinte partidos. E na seguinte, tamén sen encaixar ningunha derrota, proclamáronse campións da Copa do Sar contra o San Mamede. Daquelas Outeiriño está “petado” e na final a venta de entradas chegou casi ás 170.000 pesetas.

FOTOS DE JÓVENES DE SILLEDA NACIDOS EN LA DÉCADA DE 1950 CLUB DE FÚTBOL

C.F. Silleda, temporada 1973/74. / FOTOS DE JÓVENES DE SILLEDA NACIDOS EN LA DÉCADA DE 1950 CLUB DE FÚTBOL

50º aniversario do clube

A cita de mañá en Siador, na que participarán directivos actuais do clube e da escola de fútbol, será o pistoletazo de saída para os actos do 50º aniversario. De feito, boa parte das máis de sesenta fotografías antigas que poderán verse alí a partir das 14:00 horas serán cedidas á sociedade deportiva para tal efeméride. Entre esas instantáneas figuran auténticas xoias que retratan a ledicia e as gañas de gozar da vida dunha xeración que supuxo un vendaval de aire fresco para a vila. Moitos recoñeceranse nelas e recoñecerán tamén aos amigos e amigas, os compañeiros e compañeiras de andanzas cos e coas que, por diversas circunstancias, xa non poderán compartir unha xornada que, sen dúbida, será inesquecible para todas as persoas que poidan gozala.

Outra estampa histórica do equipo de fútbol.

Outra estampa histórica do equipo de fútbol.

Parámonos aquí en dúas desas fotografías pola súa singularidade: Un concurso de beleza celebrado na sala de festas Perla, da Anllada (Cuntis), no que a presenza silledense foi tan abrumadora que terminou por coroar á súa candidata, Ángeles García. Na outra posan as rapazas de Silleda e A Estrada, “a onde iamos mocear” –apunta Rodrigo, casado e residente nesa vila–, que xogaron un pioneiro partido de fútbol femenino con motivo dunhas festas da localidade trasdezá.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents