Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ana Otero Junquera Técnica do Instituto Galego de Consumo

Ana Otero Junquera: “Nas compras e contratación por internet os maiores son moito máis desconfiados”

“A xente non sabe que podemos dicirlle ás empresas que deixen de chamarnos tanto”

Ana Otero na charla que ofreceu onte na biblioteca de Lalín sobre compras por internet.

Onte tivo lugar na biblioteca de Lalín a segunda das charlas promovidas polo Concello en colaboración co Instituto Galego de Consumo, que tratou sobre dereitos das contratacións a distancia e compras por internet. Ana Otero Junquera é a conferenciante da cita.

–Como lle vai nas charlas?

–Hoxe (por onte) había algúns dos participantes que xa estiveran a semana pasada. A sesión foi moi ben. Ao principio cando empezamos a falar das compras por internet foron un pouco reticentes pola inseguridade. A medida que foi avanzando a sesión xa se sentiron un pouquiño máis seguros.

–Cal é o obxectivo do ciclo?

–Neste caso, dende o Instituto Galego de Consumo o que se fixo foi convidar a todos os concellos, asociacións de consumidores e oficinas de información ao consumidor achegar ao través do programa Consumo responde diferentes temáticas sobre este tema. Haino presencial, onde os técnicos imos ao concello solicitante ou hai tamén os venres sesións online para calquera persoa que queira participar.

–Hai desconfianza á contratación a distancia entre os galegos?

–No caso de Lalín trátase de xente de programas de integración, sobre todo xente de fóra, aos que lles estamos intentando dar as pautas para que coñezan os dereitos das compras seguras. A xente maior é máis reticente porque non son nativos dixitais e son máis desconfiados. Partimos da idea de informar sobre os dereitos que teñen antes, durante e despois dunha compra ou contratación en liña. Eles, ao identificar unha tenda, pois teñen que saber se é segura ou non.

–Medran as compras online?

–Dependendo do grupo das persoas destinatarias pero cada vez máis nos atopamos con moita máis xente que compra online. Tamén a raíz de certas circunstancias como o Covid e demais todo está mudando. É certo que nos atopamos máis xente que fai compras online pero aínda hai moita outra reticente polo medo a que os estafen. De feito tamén traballamos os temas das estafas con xente maior para que identifiquen ás chamadas e que sepan un pouco defenderse.

–Estamos indefensos cara aos fraudes en internet?

–O que hai é moita falta de información. Pártese da base de que queremos achegar toda a información necesaria para identificar sobre todo esas problemáticas. O que son as comunicacións comerciais, que nos chaman diariamente, pois hai unha lista onde nos podemos inscribir para que non nos chamen ou podemos e temos dereito como consumidores a decirlle a empresa que nos está chamando que queremos que non o faga. A maioría da xente non o sabe que podemos poñer en práctica ese dereito e decirlle que non queremos que nos chamen máis ou inscribirnos nesas listas das que falo e que son moi útliles para non ter que aturar chamadas comerciais insistentes.

–Non lle parece inxusto perder os cartos cando se é víctima dunha estafa por correo electrónico?

–É certo que ese tipo de estafas son denunciables e polo tanto iria por vía xudicial e demais pero si que estamos indefensos porque o banco di que ti pinchaches aí e estiveces aceptando. Entonces, se tñés unha información previa de que cando che chega un correo totalmente descoñecido ou se tés que fixarte moito no que é o corpo do correo, aí vas descubrir motísimas estafas de xente que se fai pasar por bancos. Simplemente, con que ti saibas identificar, aí xa estamos previndo en que haxa as estafas. Pero insisto en que seguimos aínda desprotexidos neste tipo de delitos. Por iso estas charlas que estamos a facer son tan útiles para a xente que precisa información.

“Non hai que picar no enlace porque é un cebo”


–Cal é a sinal de alarma máis evidente nunha estafa electrónica ou por internet?

–Se é unha compañía de transporte, ou te chaman ou che mandan outro tipo de correo. O que nunca hai que facer é picar nese enlace que poñen como cebo porque nunca o van facer desa maneira. Esa é a información que nós temos que transmitir, que a xente se adiante un pouco cando recibe ese tipo de mensaxe. Agora estano facendo por teléfono tamén, mándache unha mensaxe por teléfono, ti pinchas nese enlace, aparéceche como un despregable donde ti tés que incidir as contraseñas que teñas e o demais, e o que están a facer é copiarche todos os teu datos que precisan para poderche estafar.

–Imos por detrás dos cacos neste tema tan de actualidade?

–Ten en conta que o tema informático avanza a pasos axigantados. Nós centrámonos sobre todo ante o consumidor como tal, ante a persoa consumidora e intentar informala das estafas e de todos os perigos que hai para anticiparnos a que sexa coñecedor para que non sexa víctima destes delitos. Pero bueno isto está a cambiar cada pouco. Por iso nas charlas gústanos que a xente conte o que pensa e tamén o que lle está a acontecer na súa vida normal en temas como estes de informática ou tamén no amplo eido dixital.

–É sinxelo anotarse nas charlas que está a ofrecer en Lalín?

–Por suposto. As charlas son de asistencia libre e abertas ao público. Para inscribirse abondacon enviar un correo electrónico a maria.montoto@lalin.gal para dar o nome e os apelidos do participantes, un correo electrónico e tamén un número de teléfono de contacto. A xente que está participando está moi implicada cos temas que estamos a tratar e iso é algo moi interesante porque para nós o traballo e moito máis sinxelo. Supoño que na última charla tamén haberá moitas persoas en Lalín con gañas de coñecer os seus dereitos como consumidores.

Compartir el artículo

stats