Entrevista | Ricardo Espantoso Presidente da Asociación Cultural Xuventude Silleda

“Daremos a coñecer o programa a semana que vén nas redes sociais”

“Os bares, comercios e empresas levarán publicidade en pantalla en lugar de en papel”

Ricardo Espantoso, sentado, xunto a Rubén Fernández, Diego Suárez e Mateo Colmenero, onte, na Praza Siñor Afranio. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Ricardo Espantoso, sentado, xunto a Rubén Fernández, Diego Suárez e Mateo Colmenero, onte, na Praza Siñor Afranio. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / salomé soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

As Festas de Verán de Silleda están organizadas pola Asociación Cultural Xuventude Silleda, conformada por Paula Rozas, Alan Loto, Rubén Fernández, Diego Suárez, Pablo Fontao, Mateo Colmenero e Ricardo Espantoso, que é o presidente do colectivo. O programa darase a coñecer a semana que vén e inclúe, dentro da Festa do Lacón, o festival Lacón Rockstars, o 6 de xullo ás 22.00 horas.Actuarán Recambios Tucho; Another wasted year; Sagafuda e Berthy & The Jeremys.

–A mediados de maio deron o paso e asumiron as Festas de Verán. Moitos de vostedes están vinculados ao fútbol. ¿Xurdiu a decisión nun adestramento?

–Cinco dos integrantes somos xogadores. Pero non, a idea de poñernos á fronte dos festexos xurdiu tomando algo, en vista de que xa o ano pasado ao principio ninguén quería facelas.

–Queda un mes para os festexos. ¿Como vai o petitorio?

–Pois moi avanzado nas vivendas e xa rematado en bares, comercios e empresas. En fogares, cada familia aporta o que pode, e nos negocios si que hai unha cota, de maneira que as empresas e comercios aportan 100 euros, e os bares, 250.A publicidade dos negocios agora irá en pantalla, non en papel. Por outra banda, tamén lle vendemos a barra a unha empresa

–A comisión está integrada por sete persoas. ¿Algunha delas xa formara parte da organización de anteriores festexos?

–Só un deles. Eu tiña traballado en barra. durante as festas

–¿Cando coñeceremos a programación completa das Festas de Verán?

–A nosa previsión é dala a coñecer para a próxima semana a través das redes sociais. Non vai haber moitas novidades, en principio, xa que non puidemos traballar con moita marxe de tempo.

–Normalmente, as orquestras que atraen máis xente xa adoitan pechar contratos con meses de antelación, e máis neste caso, despois do parón da pandemia. ¿Foilles difícil conseguir bos espectáculos por esa escasa marxe de tempo?

–Formacións como Panorama xa están reservadas dende fai tempo para outras festas, pero logramos contactar cunha orquestra de Madrid que ten un espectáculo moi bo, e similar ao de Panorama. Cando rematemos con estas Festas de Verán, imos comezar a mirar as actuacións xa do ano que vén.

–É habitual que as comisións de festas organicen eventos como unha Festa da Xuventude para recaudar fondos para os festexos centrais. ¿Daríalles tempo a preparar algo xa para este mes de xuño?

–En principio non, quédanos un mes xusto e non daría tempo.

–Iso sí, están constituidos como unha Asociación Cultural e xa teñen anunciado que haberá máis actividades ao longo do ano.

–Así é. Nun comezo acordamos organizar só as Festas de Verán, pero decidimos ir máis alá, e preparar distintas cousas que estarían ceñidas ao casco urbano de Silleda. Non tería sentido, por exemplo, organizar cousas na Bandeira xa que nesta vila conta xa cun clectivo dinamizador, a Asociación Cultural Vista Alegre.

Suscríbete para seguir leyendo