Ponte Ledesma loita contra a natureza

Malas herbas, silvas e árbores cobren a construcción de orixe romana

As malas herbas medran entre os sillares da ponte de Ledesma.

As malas herbas medran entre os sillares da ponte de Ledesma.

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

A ponte de Ponte Ledesma non está declarada Ben de Interese Cultural (BIC), pero motivos non lle faltan para selo. Ten a honra de formar parte do camiño cara a Santiago dos vendedores de aceite de Quiroga e de arrieiros da D.O. Ribeiro, a máis antiga de Galicia. De feito, os primeiros regaláronlle dúas oliveiras á freguesía de Ledesma ando construiron o seu templo, en 1735, e ainda poden verse no adrio. E foron os comerciantes da Denominación de Orixe O Ribeiro os que pagaron a restauración da ponte tralo paso do exército de Napoleón, que por dúas veces tivo que medir forzas cos veciños das comarcas, fai 214 anos.

Pese a servir de ponte, nunca mellor dito, entre comercios e culturas, semella que a ningunha administración lle importa que cada certo tempo os sillares deste viaducto queden cubertos de malas herbas e ata de silvas que, a medio prazo, poden afectarlle á estrutura. Máis risco ainda teñen as árbores que crecen no leito do Ulla e que nos seus arcos centrais xa están pegados á ponte.

As árbores que medraron no cauce do Ulla xa están pegadas á ponte.

As árbores que medraron no cauce do Ulla xa están pegadas á ponte. / S.S.

A tala das árbores máis próximas ó viaducto xa fora unha recomendación de Abalo Alonso Arquitectos, a empresa redactora do proxecto co que se rehabilitou a ponte en 2016 e pola que obtivo un premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. En 2018, un grupo de 25 mozos dun campo de traballo internacional tamén retirou a maleza que volvía medrar na ponte. E desde aquelas, ela ten que loitar contra a maleza co único apoio do colectivo Amigos da Ponte de Ponte Ledesma e de Veciñ@s de Boqueixón, que tanto no anterior mandato como neste demanda convenios co concello veciño de Vila de Cruces para facer tarefas de mantemento periódico. Porque a ponte é dos dous municipios: unha cruz na marxe dereita, na parte máis alta da construcción e, claro, na metade do río, marca a fronteira, que era tan respetada ata o punto de que as procesións cun ou outro santo debían dar a volta ao chegar a ese punto, como ten contado unha das persoas impulsoras de Amigos da Ponte, Natalí González Cacho.

Focos de luz mal orientados

Gracias a esta entidade lográronse esas dúas intervencións de limpeza, e desde hai anos tamén por impulso de Amigos da Ponte realízanse recreacións da batalla contra os exércitos de Napoleón. A próxima será en agosto, para facilitar a asistencia de máis público.

A ponte non é a única que precisa unha posta a punto. Xa no lado coruñés, en Camporrapado, unha das tres mesas de pedra do coñecido como Campo do Río está semivolcada, co perigo que pode supoñer para os visitantes. Os veciños deste lugar quéixanse da mala colcocación duns focos do lado cruceño, que en lugar de iluminar a ponte dirixen a súa potente luz a ese campo e máis as casas construidas á beira do Ulla. Cómpre botar man deste enclave, por estar nunha das zonas máus visitadas de Vila de Crues, as Insuas de Gres, pero tamén porque forma parte da nosa historia e porque, a mediados do século XIII, Gonzalo Ruiz de Bendaña, enterrado en Camanzo, deixaba no seu testamento 50 soldos para o mantemento do que daquelas podía coñecerse como Ponte Letesma.

Suscríbete para seguir leyendo