Festival das Letras Galegas do colexio María Inmaculada

Festival das Letras Galegas do colexio María Inmaculada | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Festival das Letras Galegas do colexio María Inmaculada | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O estudantado do colexio María Inmaculada, de Silleda, celebrou onte o seu Festival das Letras Galegas no auditorio da Semana Verde. As actuacións comezaron ás 15.00 horas e estiveron centradas na música e no baile tradicional galegos. Ademais dos pases dos distintos cursos tamén houbo unha actuación do grupo de baile e música de raíz Aires do Trasdeza. Ao longo do curso, este centro educativo tamén organiza outras actividades no auditorio da Semana Verde, como o festival de Nadal, con teatro e música. Para rematar este ano lectivo, o centro ten previsto un acto de graduación, o vindeiro 21 de xuño.