A Deputación asígnalle 22.000 euros á edición de proxectos en galego das comarcas

REDACCIÓN

O departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación distribúe 90.000 euros á edición de 20 proxectos en galego de entidades sen ánimo de lucro. Desa cantidade, preto de 22.000 corresponden a propostas de colectivos de Deza e Tabeirós-Montes. En concreto, son a Asociación Cultural Vagalumes, para o audiovisual Ángel Lemos, apuntamentos biográficos, e tres colectivos de Lalín: a Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón, para a publicación do Manual de obradoiros educativos; a Asociación Etnográfica de Codeseda, para o audiovisual Os trasnos de Doade: herdeiras dunha tradición musical; e Medrar 2.0, para a publicación Tempo de celebrar.

A deputada responsable da área, María Ortega, sinala que est convocatoria chega a entidades que apostar por editar só en galego tanto monografñias, como revistas e documentos de interese, tanto de ficción como ensaios.