A Deputación lanza o libro “O pasado por vir II. Un tempo posible”

O departamento de Memoria Histórica da Deputación vén de publicar “O Pasado Por Vir II. Un Tempo Posible”, un novo libro que recolle proxectos de progreso desenvolvidos en Galicia de principios do século XX, pero truncados polo golpe do 1936. A publicación inclúe artigos sobre a Misión Biolóxica, Zeltia, Cerámicas Celta, Os fillos do Sol, a arte, o cinema e escritos sobre figuras relevantes como Urania Mella ou Alejandro Viana, entre outras. A presentación, aberta ao público, será o vindeiro mércores 3 de maio ás 19.30 horas.