¿Qué facer nas comarcas?

Actividades

Charlas para maiores.

A Universidade de Vigo trae a Lalín o programa universitario para maiores “Mareas de coñecemento”, cunha serie de seminarios que terán lugar en diversos días. O primeiro é “A soidade non desexada” o mércores, seguido xa no mes de xuño por “Saúde e benestar” o 5 e 6, “Tecnoloxía uso de ferramentas no teléfono móbil” o 14 e o 15, “Como entender os impostos” o 21 e o 22, e por último, “Arte e historia” o 27 e o 29

Mércores 27 de abril.

Feira do libro no Colmeiro.

O IES Pintor Colmeiro de Silleda organiza esta semana unha Feira do libro onde a cativada realizará trocos, ademais de diversos obradoiros, como un sobre escritura máxica, outro sobre caligrafía antiga, origami ou encadernación xaponesa

Dende hoxe ata o xoves 28 de abril..

Verbena en Noceda.

A parroquia lalinense de Noceda celebra as festas na honra a Santa Crux a primeira fin de semana de maio con verbena a argo de Alkar e Gran Parada o sábado e con misa solemne ás 13.00 horas e procesión dende a Igrexa ata a Cruz o domingo. Ademais, este mesmo día haberá amenización musical a cargo da Banda de Música de Vilatuxe

Sábado 6 de maio.

Xuntanza en Camba.

Rodeiro celebra a chegada da Virxe da Ascensión cunha xuntanza en Camba na que haberá misa en Río ás 11.00, misa solemne en Camba ás 13.00 e sesión vermú amenizada polo Dúo Punto Zero seguida por un xantar popular ás 14.00, para seguir bailando pola tarde co Dúo

Domingo 7 de maio, a partir das 11.00 horas..