O museo que saiu da pel
O artesán José Villar López pon en marcha na súa tenda-obradoiro de Silleda un centro cultural de divulgación, ensinanza e dignificación dos oficios do coiro

Unha carretilla convertida en butaca, un chaveiro xigante, un colorido zapateiro ou un emparrado formado por ducias de estoxos son algunhas das obras de arte que poden contemplarse desde hoxe no museo que lle saiu do coiro a José Villar López. O artesán de Silleda transformou a súa tenda-obradoiro da Avenida do Parque no Museo das Artes do Coiro Kontemporáneo (MACK), un centro cultural de divulgación, ensinanza e dignificación dos oficios desta materia prima que acompaña á humanidade desde os seus inicios cavernarios.
Como lle gusta lembrar ao propio Villar, “o coiro foi papel (pergamino) antes que o papel, sen el non sería posible a domesticación do cabalo, as lexións romanas non terían chegado tan lonxe sen un bo calzado, foi o plástico da Idade Media, pois daquela empregábase para todo... E todo partindo dun residuo, porque os animais matábanse para comelos”. A súa intención é tamén a de dignificar un oficio a miúdo minusvalorado, cando non desprezado. Neste sentido, atesoura anécdotas coma a daquel paisano que, contemplando a un compañeiro seu en plena faena, lle di á súa dona: “Mira o que fan algúns por non traballar”.
O MACK non é un mero espazo expositivo, senón que tamén acollerá cursos, conferencias e outras actividades aínda por concretar. Unha das opcións que baralla Villar é abrir o museo aos centros educativos da contorna, aos que el mesmo podería desprazarse primeiro para dar unha masterclass sobre o oficio, como xa fixera hai anos no colexio da Bandeira. “O coiro é moito máis ca cinturóns, carteiras e bolsos. É todo un mundo que te atrapa, é tan adictivo que pode ser ata perigoso levalo aos colexios”, bromea José Villar. Que llo digan a el, que leva trinta anos “enganchado” a este elemento. “Antes facía outras cousas, algo de madeira, pero cando empecei co coiro, tireime de cabeza á piscina”, confesa.

Acceso ao espazo museístico desde a tenda-obradoiro. / XPonte
O museo abrirá de martes a venres de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 21:00 –con horario máis reducido fóra do verán– e tamén os sábados e os domingos, coas horas por definir. A entrada será gratuita, coa opción de realizar donativos para contribuir ao mantemento. “Agradecemos as colaboracións, pero non impoñemos nada. Non me sinto capaz de cobrar entrada así á brava”, declara Villar, que considera que “os espazos culturais deberían ser gratuitos”.

No museo hai pezas moi variadas. / XPonte
O espazo abriuse por primeira vez ao público na tarde do pasado sábado, cunha presentación na que estiveron colaboradores, amigos e familia. David Villar Aira, fillo do promotor, e Julio González Ramos puxeron música ao acto. A obra EmparrAO é unha das que máis chama a atención dos visitantes, formada por 133 versións diferentes dun estoxo básico elaboradas pola especialidade Artesanía en Coiro da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) de Vigo. Ao centro agradeceu Villar a súa colaboración na persoa do mestre Pepe Pereira, que lle cedeu a súa colección particular para a exposición que pode verse en Silleda, con obras de recoñecidos artistas americanos, xaponeses ou suízos. Tivo palabras de agradecemento, entre outros, para os “amigos” do Museo do Coiro de Allariz, Nelson Gómez Callejas, Antonina Kadyrova, Luis Vilas, Maite Nadó, Talabarte ou o cordobés Juan José García Olmedo, co que está a argallar unha acción aproveitando a súa presenza, en maio, en Galicia. Tampouco se esqueceu da familia, por aturalo desde que, coa chegada da pandemia e o parón que o levou a facer da súa horta un xardín, comezou a matinar. E así foi como o que ía ser un peche duns meses se convertiu en dous longos anos de cavilacións e de traballo que se materializaron no MACK.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- De jugar en el Celta de Vigo a emprender juntos: Dos jóvenes gallegos impulsan cultura, tecnología y responsabilidad social con Zona Norte Podcast
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Alumnos de colegios privados en Galicia obtienen mejores expedientes y notas de acceso a la universidad
- Las K9 eléctricas llegarán más lejos: Stellantis planea una nueva evolución para las baterías de las furgonetas viguesas
- El peaje de la selectividad sobre el expediente en Galicia: el alumnado de sobresaliente se reduce a la mitad tras la prueba
- La exmujer del agente FIFA Toni Otero acepta dos años de cárcel y deberá devolver casi 400.000 euros
