Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
Concello de Silleda

Silleda 2019 - 2023: Un investimento histórico 
en mobilidade sostible

A humanización da rúa Progreso e da Chousa Nova, implementarase coas actuacións na praza da Bandeira, o Camiño Escolar Seguro ao IESPintor Colmeiro e as sendas peonís dende a N-5252 ata Toiriz

Inauguración da rúa Progreso tras a humanización.

Inauguración da rúa Progreso tras a humanización. / BERNABE/JAVIER LALIN

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Moncho Gónzalez

Silleda

En xuño do pasado ano 2022 Silleda estrenaba as obras de mellora da mobilidade peonil na rúa Progreso, no corazón da vila. Este investimento, con máis de 800.000 euros, financiado nun 80% con fondos europeos –a través da convocatoria de subvencións do Instituto para la Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) marca un antes e un despois no camiño cara a mobilidade sostible

Con anterioridade, a través do programa provincial DEPOREMSE e doutro convenio coa Deputación de Pontevedra, acometéronse outras dúas actuacións no entorno da Residencia de Silleda (“Mellora da Mobilidade Peonil na EP 6518 Silleda-Ponte”, con 594.320,42 euros) e na rúa da Chousa Nova ( 441.500 euros).

O cambio iniciado nestas rúas, baseado tamén no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) abre un tempo de investimento histórico para o municipio que continuará nos vindeiros meses.

Así, e a través do programa DUS 5000 están xa aprobados outros dous proxectos na mesma liña: para a praza Juan Salgueiro da Bandeira e o seu entorno, e para a dotación do Camiño Escolar Seguro ao IES Pintor Colmeiro, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

No caso da praza da Bandeira, cun proxecto de mellora de mobilidade peonil e rexeneración urbana no centro da vila serán 1.053.739,23 euros, dos que o Ministerio subvencionará a maior parte con 814.056,05 euros.  e outros 431.000 euros. 

A actuación consiste na mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana tanto na praza Juan Salgueiro da Bandeira como nas rúas da súa contorna. Así, ampliarase a zona de praza e contarase con plataforma única nas rúas renque do Peixe, Renque da Froita, e rúa dos Pendellos. 

Tamén se actuará sobre a travesía Vista Alegre, que se urbanización, creando un carril único e beirarrúas polas dúas marxes, ao igual que no tramo que vai dende esta ata a rúa Xeral. 

Tamén se renovará todo o alumeado da zona, diminuíndo o consumo anual de enerxía e cun aforro estimado do 21,4 por centro, e instalando ademais 20 novos puntos de luz.

Colocarase novo mobiliario, bancos, así como zonas axardinadas, sinalización e outros elementos.

No caso do Camiño Escolar Seguro, tamén a través do DUS 5000, serán 431.000 de investimento, afectando as obras de mellora e humanización aos tramos da rúa Forcarei e Tras da Igrexa, cun deseño no que participou a comunidade educativa do IES Pintor Colmeiro e varios colectivos, ca mellora destas vías, e novo mobiliario e humanización.

Nesta zona, están tamén en licitación, as sendas peonís que completarán a mellora levada a cabo entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda na EP-7201, dende a estrada N-525 ata o lugar de Toiriz, incluindo tamén a renovación de alumeado e servizos. “Cos proxectos realizados e os que están en marcha, grazas á captación de fondos europeos por parte do Concello e a distintos programas da Deputación de Pontevedra, acadamos un investimento histórico que marcará as liñas do futuro no marco da mobilidade sostible”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva,  ás obras do consistorio de Silleda, acompañada por membros da corporación municipal.

Visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva, ás obras do consistorio de Silleda, acompañada por membros da corporación municipal. / FDV

[object Object]

Avanzan as obras do Novo Concello de Silleda, que encaran a súa recta final

As obras de rehabilitación do edificio da Casa da Cultura como a nova sede do Concello de Silleda, que van converter este inmoble no epicentro urbano da vila, seguen a avanzar a bo ritmo. Esta ambiciosa actuación, que ademais de poñer en valor un edificio moi vencellado ao patrimonio arquitectónico da vila, supón unha aposta por ofrecer á veciñanza uns servizos públicos de calidade dende unha céntrica situación, e conta cun orzamento total de 1.802.984 euros€, dos que a Deputación de Pontevedra achega 713.250€euros dentro do Plan ReacPon, e a Xunta de Galicia 250.000 euros. 

Os traballos, que xa están moi avanzados, van supoñer un novo paso na remodelación urbana de Silleda, situando a Casa do Concello na rúa Progreso e cun acceso traseiro pola rúa Morón. 

A centralización de todos os departamentos nun único edificio é outros dos obxectivos, ademais do aforro e a mellora da eficiencia enerxética. 

“Esta actuación vai supoñer a redefinición do centro urbano de Silleda” e constitúe unha obra “importantísima para a veciñanza”, pois vai solucionar os problemas que supoñía ter a sede municipal nun edificio situado “nunha curva da N-525”, condicionado por unhas escaleiras e sen facilidades de acceso e aparcamento para a cidadanía.

Así mesmo, será un dos edificios municipais conectados á Rede de Calor con Biomasa de Silleda, a primeira de carácter público-privado de Galicia, que vai xa pola súa segunda fase de ampliación logo do investimento realizado en 2021, con outros 250.00 euros, chegando ata a que será a nova casa consistorial. 

[object Object]

Despois da súa aprobación en Pleno no mes de setembro, a Xunta de Galicia daba , por fin, o visto bo a Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda, o documento que marcará un antes e un despois para o crecemento do territorio. 

O proceso de redacción retomouse no ano 2007, e logo da aprobación inicial en 2012, a que seguiu unha exposición pública modélica en todas as parroquias, aprobouse provisionalmente en marzo de 2016, á que seguiría despois a problemática que supuxo -para Silleda e outros municipios-, a sentencia que anulou os Plans Xerais de Verín e Monterrei, obrigando entre outros a regularizar as traídas municipais.

Este documento, permitirá un crecemento e desenrolo no municipio, e xeración de riqueza sobre todos nos próximos 3-4 anos, incorporando solucións para frear a dispersión das edificacións, potenciando o actual sistema de núcleos e a conservación das súas zonas orixinarias, os desenvolvementos urbanísticos, defender e preservar os valores naturais e culturais e lograr novos espazos públicos. 

O PXOM tamén potencia a zona norte do núcleo de Silleda como espazo ligado a usos terciarios, e a zona este como espazo ligado a usos industriais.

Os núcleos urbanos medrarán con dotacións de equipamento, espazos libres e zonas verdes, así como con servizos urbanísticos, procurando así un desenvolvemento sostible e un incremento da calidade de vida da poboación.

Os solos destinados a usos industriais son os denominados SUD-I1, SUD-I2 e SUD-I3, ubicados respectivamente en A Mera –onde está o parque empresarial Área 33- , en Chapa e en Siador para regularizar industrias existentes. En todo caso os crecementos industriais concentranse ao redor do solos urbano de Silleda facilitando as comunicacións e a dotación de servizos urbanísticos.

Ademáis, contémplanse 5.268 novas vivendas, das que 3.578 estarán en solo urbano,e 1.331 nos núcleos rurais, onde se poderá volver a construir, ademais de rehabilitarse ou ampliarse as existentes. O texto recolle tamén un total de máis de 7 millóns de metros cadrados de solo de núcleo rural. Con este planeamento, deséñanse tamén novas zonas verdes e de servizos, xerando 42.678 metros cadrados novos de equipamentos, acadando así un total de 152.602 metros cadrados e recóllense 1.195 elementos catalagodos, dos que destacan 209 xacementos arqueolóxicos e 513 hórreos con valores catalogados.

Tracking Pixel Contents