Acción Solidaria + Suscripción Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Isto é puro teatro

21 actrices e actores lalinenses fan as delicias dun ateigado Salón Teatro coa ‘Casa rural con encanto’ | Cova das Letras estrea ‘Frida’ na Bandeira e Vila de Cruces acolle ‘A Nai’

15

Puro teatro en Lalín, Vilar de Cruces e A Bandeira

Fin de semana de puro arte dramático na bisbarra dezá. Mentres que Lalín acolle as tres funcións que pechan a I Mostra Itinerante de Teatro, protagonizada por actrices e actores afeccionados, na Bandeira tivo lugar a estrea de Frida a cargo da compañía local A Cova das Letras e A Nai, de Amorodio Teatro, tomou as táboas en Vila de Cruces.

A I Mostra Itinerante de Teatro organizada por Fósforo con fondos de Territorio Cultura da Xunta conta con cinco pezas teatrais creadas por grupos veciñais das localidades participantes no proxecto 5x5 (Lalín, Silleda, Vedra, Mazaricos e Allariz), logo de cinco meses impartindo aulas nestes municipios. Todos son territorios rurais e o que se busca, entre outras cousas, é crear un espazo de socialización interxeracional como forma de dinamizar e combater a soidade. As obras que se representan foron creadas e dirixidas por Iria Azevedo, Clara Gayo e Arantza Villar, co respaldo dun equipo técnico profesional das artes escénicas.

Lalín acolleu o venres a posta en escena da obra Casa rural con encanto, de Azevedo. Sobre o escenario, 21 actrices e actores lalinenses fixeron as delicias do público nun ateigado Salón Teatro. No mesmo sitio tivo lugar onte á tardiña a representación de Camiños e carreiros a cargo do grupo de teatro de Vedra. E hoxe, tamén no mesmo salón, ás 20:00 horas, o elenco de actores e actrices que tivo A Bandeira como centro de ensaios interpretará Enredos.

Isto é puro teatro

Á marxe destas representacións de teatro afeccionado, A Cova das Letras puxo en escena no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira a súa creación en torno a unha das iconas mundiais da arte e o feminismo: Frida Khalo. Cristina Collazo é a creadora e intérprete da peza que leva o nome da artista mexicana. Está dirixida a un público familiar e tamén se poderá ver próximamente na localidade de Silleda.

Tamén onte pola tarde, o Auditorio Municipal Xosé Casal, de Vila de Cruces, acollía a representación de A Nai, da compañía Amorodio Teator. Escrita por Laura Porto e dirixida por Marián Bañobre, conta no seu elenco interpretativo coa actriz cruceña Carmen Facorro –natural da parroquia de Larazo–, que compartiu táboas con Javier Castiñeira e Raquel Velasco.

Compartir el artículo

stats