Mocidade de Poio abre o prazo para anotarse en diversos cursos

A Concellería de Mocidade abre o prazo de inscrición de varios cursos de formación, que darán comezo ao longo das vindeiras semanas. O primeiro deles será o habitual curso oficial de monitor ou monitora de tempo de lecer, no que o alumnado aprenderá a desenvolver traballos de animación, ludotecas ou labores en comedores escolares. Terá un contido de 200 horas teóricas e 150 de carácter práctico. As clases iniciaranse o 20 de marzo.