A aula Cemit de Poio ofrece este mes dez cursos formativos

A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, ofrecerá durante o mes de marzo, desde o vindeiro luns ata o xoves 30, ata dez cursos de formación gratuíta. En total, son 60 horas nas que se abordará o manexo de diferentes aplicativos e programas informáticos. Ademais seguirá operativa a Aula Aberta con acceso libre previo rexistro do usuario ou usuaria, de luns a venres entre as 19.30 e as 21.00 horas.