O auditorio Xosé Casal acolle hoxe os Entroidos dos centros escolares

REDACCIÓN

O auditorio Xosé Casal, de Vila de Cruces, acolle esta maña entre as 10.00 e as 12.00 hroas os entroidos dos distintos centros educativos. No caso do CEIP de Piloño, os nenos e nenas deste centro de primaria van protagonizar unha canción reivindicativa sobre as reformas que aínda están pendentes no colexio e que levan pedindo dende hai varios anos tanto os docentes como o colectivos de pais e nais. Son reformas que ten que acometer a Consellería de Educación.