A moza lalinense Noelia Sampayo incidiu onte na súa visión dun futuro como terceira xeración de relevo xeracional na queixería familiar Pazo de Anzuxao.

–Dende cando traballa na empresa queixeira familiar?

–Certo. Dende moi pequena xa me estiven criando na fábrica. Con 18 anos foi cando decidín emprender na empresa e seguir co negocio e a tradición familiar. Estudei Ciclo Superior de Administración e Finanzas. De feito, estaba estudando a ESO e polas tardes cando tiña libre sempre iba para a fábrica a traballar. Agora teños moitas tarefas porque levo un pouco o que é a administración, estou en producción tódolos días e tamén vou ao reparto porque estamos tendo bastantes baixas. Cando toca garda estou na tenda e ao final fago de todo.

–Alguén dixo que traballar para un mesmo e o máis escravo. Está dacordo con esa afirmación?

–É moi certo porque ao final non tés un horario fixo e tés que traballar as fins de semana. Traballar para ti é ter moito sempre moito máis chollo. Se traballas nunha empresa allea, por exemplo, falo durante toda a semana e vas para a túa casa todo tranquilo, pero aquí ao final traballas física e mentalmente as 24 horas do día. Non queda outra se queres facelo ben.

–Tamén se falas moito do risco de desaparición das empresas familiares cando chega a terceira xeración para levala adiante. Existe ese risco en Pazo de Anzuxao?

–Grazas a Deus temos a continuidade garantida. Si que é verdade que moitísimas empresas, sobre todo no sector agroalimentario, tiveron que pechar un relevo xeracional axeitado. Tamén pasa noutros eidos empresariais. E iso que nós témolo complicado porque por exemplo meu pai é o fabricante e non pode enfermar porque non teríamos quen fabricara os queixos.

–Conta con parentes para garantir esa continuidade empesarial?

–Eu non teño máis irmáns pero por exemplo teño un curmán que agora ten 14 ou 15 anos e si que lle gpsta o mundo da gandeiría e a agricultura. Penso que podería ser a cuarta xeración da empresa. Despois, o resto de curmáns non creo que se adiquen a este traballo.

–Onde radica o éxito dunha empresa como Pazo de Anzuxao?

–Eu creo que o noso éxito vén sobre todo do xeito tan persoal que temos á hora da venda e da nosa calidade de producto. Ao final a nosa distribución é moi transparente e súper familiar. Nós levamos o queixo á porta das casas da xente, é algo moi cara a cara que non é moi habitual. Se vas ao supermercado agora mesmo por un producto non sabes quén é o fabricante e os materiais que utilizan para esos productos. Nós, en Pazo de Azunxao, tentamos ter sempre esa transparencia cos nosos clientes.