A campaña Cousa de raíces organiza durante a próxima fin de semana dúas xornadas de eliminación de especies invasoras e plantación de especies autóctonas. Baixo o lema de Mirando polos nosos bosques, o sábado 11 haberá unha iniciativa en Agolada e outra en Cerdedo-Cotobade. Para participar na de Agolada hai que poñerse en contacto co teléfono 659 68 33 84, e para a de Cerdedo, coa web coutodareixinha.gal.