A Semana Verde acolle en outubro oposicións para 33 prazas

A Xunta publicou onte as datas de exame par 35 oposicións e máis de 900 prazas de emprego público, co obxectivo de que os aspirantes poidan planificar a súa preparación. Na primera semana de outubro o recinto ferial da Semana Verde, en Silleda, acollerá as probas de persoal subalterno para persoas con discapacidade intelectual e para o Corpo Auxiliar (C2), tamén para persoas con discpacidade intelectual. Son en total 33 prazas.