O profesor e investigador Xesús Alonso Montero ofreceu onte na Fundación Neira Vilas unha ponencia centrada na relevancia literaria e informativa dos epistolarios que mantivo o escrito que da nome a esta fundación con outros persoeiros como Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Valentín Paz Andrade ou Carlos Casares. Estas cartas están publicadas xa por Galaxia ou Edicións Embora. Precisamente, Galaxia prevé publicar en breve as cartas que se mandaron Neira Vilas e Alonso Montero. No encontro interviron tamén o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o director xeral de Política Lingüística, Valentín García.
- Multimedia
- Clasificados
- Servicios
